O casco que precisamos algúns
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de noviembre de 2019
Que vivimos nun mundo cheo de oportunidades, ninguén o discute.
Cada día hai máis onde elixir; pero o importante é saber elixir.
É importante e máis difícil elixir a mellor opción.
Hoxe en día tamén hai moito, moito engano.
Engano de tódalas clases e para tódalas idades.
Por eso algunhas persoas, entre as que me atopo, debemos ir protexidos cun bo casco multiusos:
UN CASCO PROTECTOR:
Que nos protexa das persoas mumuradoras, das envexosas, das mentireiras e de tódalas malas persoas que van poñendo atrancos por onde queira que vaian.
Persoas que van pola vida levantando calumnias, insultando, mentindo, roubando e facendo canto mal poden para conseguir proveito propio.
No fondo son PERSOAS INFELICES que intentan trasladar os seus propios problemas ás persoas máis próximas porque a vida non as trata tan ben como quixeran.
Moitas veces, a vida non as trata ben porque non fan os medios necesarios para conducirse con respecto e dignidade.
Trátase dun grupo minoritario pero moi ruidoso porque fai moito mal.
FRONTE A ESE GRUPO MINORITARIO ESTAMOS A INMENSA MAIORÍA QUE INTENTAMOS SER BOAS PERSOAS E NON FACER MAL A NINGUÉN.
Pero ademais de non facer mal a ninguén, hai que facer canto máis ben se poida.
Por eso precisamos tamén: UN CASCO DA VALENTÍA:
-Valentía para combatir a mentira sendo persoas dignas de creto.
Que se poida dicir:
¡Esa é unha persoa da máxima confianza!
-Valentía para gañar o pan de cada día honradamente.
E ó remate do día poder descansar pracidamente co deber cumprido.
-Valentía para aconsellar e, sobre todo, deixarnos aconsellar, deixarnos querer, deixarnos correxir; porque moitas veces cóstanos aceptar os nosos propios erros.
E outras veces precisamos : UN CASCO ANTI-TRISTURA porque de vez en cando recibimos algunha visita indesexada que pretende por tódolos medios entristecernos a vida.
¿Quen non se pon triste cando nos doe algo, cando temos unha mala noticia, cando algo nos sae mal, cando non conseguimos o que queremos..?
Todos nos entristecemos porque todos temos un corazón sensible á dor e ós contratempos da vida; pero aínda así:
Existen persoas que conservan a alegría de vivir, o equilibrio e a serenidade ante os avatares da vida; dándonos moi boas leccións que todo debemos aprender.
Por eso tamén precisamos o CASCO DA FE para adquirir a fortaleza necesaria.
E o CASCO DA ESPERANZA para non perder nunca a ilusión e loitar sen desfalecer polos obxectivos que desexamos conquerir.
E que nunca nos falte:O CASCO DO AMOR porque o amor cura tódolos males.
Unha vez coñecín un rapaciño que era moi boa persoa pero tiña unha enfermidade chamada esquizofrenia.
A esquizofrenia, -como vostede sabe moi ben,- é unha enfermidade mental que se caracteriza pola disociación da personalidade manifestando un comportamento anormal, un afastamento da reaalidade e un ensimesmamento.
O devandito rapaciño casou unha vez e fracasou.
Casou por segunda vez e volveu a fracasar.
Pero intentouno de novo e consegiu encontrar cunha persoa que comprendeu a súa enfermidade e teñen unha nena preciosa, listísima e o rapaz fai vida normal.
Un irmanciño que o quere moito díxolle:
O AMOR CURA TODO
¿Verdade irmanciño?
De xeito que eu pregúntome:
¿Qué pasaría que envolveramos a vida con amor?
CON AMOR
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por ser unha persoa que leva posto o casco que corresponde en cada momento e circunstancia da vida.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Parabéns!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora