Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Stop ás galescolas en Lugo

miércoles, 13 de febrero de 2008
No ano 2008, toda a Gallaecia estaba cuberta polas galescolas, eses centros educativos que non dependen da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, senón que por ser escolas de moi pequenos dependen do departamento de pequenos da Xunta, que casualmente pertence a Vicepresidencia.

Toda a Gallaecia, menos un punto do mapa, case no centro, onde un Obelix socialista –que posiblemente caeu de pequeno na marmita da poción máxica- lle furta unha destas galescolas na capital espiritual do antigo reino, apoiándose nos inimigos políticos de ambas forzas.

Ninguén esquece que nada hai inocente na política; todo responde a un fin. Ninguén esquece que as galescolas son instrumentos de formación dos nenos desde o máis cedo da súa etapa de aprendizaxe. Ninguén descoñece que a escola para os nenos estaba perfectamente planificada, con gardeirías incluídas. As galescolas son unha peaxe política. Se as galescolas son inocentes, é o único inocente da política actual.

Se son inocentes, ¿por que o alcalde de Lugo non quere galescolas en Lugo?. ¿É so un problema político ou hai outro trasfondo?.

Todo esto ocorre nun espazo político gobernado globalmente polo Partido Socialista e polo Bng (ese grupo que agora non é independentista), que ten a Lugo como último reducto no que o papel de Asterix estaría desempeñado por un ex alcalde do PP, que xuntándose ó Alcalde resulta unha conxunción invencible pola forza absoluta dos votos.

Neste caso, o PP entende que as galescolas intentan ideoloxizar ós nenos. E O Psoe non estará polo labor mentras non goberne directamente estes centos. Esto sona a cuadratura do círculo.

As eleccións están mesmo ó lado. Pero é dubidoso que o resultado electoral solucione este problema. ¿Ou sí?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES