Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

… e o espantallo espertou

jueves, 14 de noviembre de 2019
O primeiro que fixen cando souben que se incorporarán á bancada da dereita do hemiciclo unha soldadeira de máis de medio cento de "patriotas" cuxas mensaxes e propostas programáticas, ata este ano, só se escoitaban de cando en vez en conversas de taberna pronunciadas polos máis arroutados da bisbarra, foi escribir un comentario no meu muro do facebook (eu que son pouco dado acender lumes na rede): "Tanto quixeron espertar ó da voz de pito e ó final acabárono espertando. En fin..."

Debo confesarlle, benquerido lector, que dende que me levaron de excursión escolar, con 13 anos, ó Valle dos Caídos -aínda non estaba o espantallo do dictador no subsolo- non volvín ir por alí, por máis que cada vez que un volve de Madrid en coche ó longo duns cantos quilómetros a cruz se manteña no horizonte coma un fito que semella que a autoestrada te vaia facer pasar por alí.

Non tiven unha opinión formada cando se reabriu o debate de sacar os rastroxos do dictador de alí, pois, se ben por unha banda creo que alguén que meteu ó seu país nunha loita fratricida e asasina tan tráxica e logo mantivo á súa sociedade aferrollada e pendurada do pescozo durante case corenta anos, non merece nin unha lápida, nin moito menos un panteón erguido para máis gloria da súa memoria e dos que bailaban ó seu son; pola outra tamén pensaba que na política, igual que na física, rexe entre outros moitos o principio de acción reacción, e probablemente en virtude de tal principio acabariamos testemuñando visualmente o mesmo efecto de aquel que salta contra unha cama elástica, que coa mesma forza que se chimpa practicamente sae rebotado en oposta dirección.

E velaí que foi o que pasou!

Podemos tratar de buscarlle explicación ós movementos do gato apreixoado na habitación. Podemos argumentar que subiron ata 52 porque os da política laranxa podreceron por descomposición. Podemos... Ata podemos dicir que o electorado está farto de tanta votación e o mellor xeito de demostralo foi votar en verde -pero non en verde ecolóxico- para darlles ós partidos tradicionais unha lección. Pero non. Non estariamos máis ca mentíndonos a nós mesmos.

Abonda con andar por bares e tabernas co radar aleatorio e escoitar os comentarios dunha parte da parroquia perante as informacións que en cada telexornal salfire a televisión. Estará comigo en que non nos fará falla utilizar a tecnoloxía demoscópica do gurú do Centro de Investigacións Sociolóxicas para decatármonos de que a sombra do espantallo estaba aí. Latente, pero estaba aí. E tanto ruído fixeron, que espertou.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES