Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quintana e Benedicto

martes, 12 de febrero de 2008
Quintana, Vicepresidente e Benedicto, Papa, veñén de romperme o corazón. O Papa, afirmando que o inferno existe e non está baleiro. Quintana, asegurando diante do Club de Iñás, que o Bng non é independentista.

O do inferno coidabamos telo superado, porque os nosos devanceiros xa tiñan camiñado abondo por el e aínda que melloramos coidabamos poder disfrutar do que eles tiñan adiantado. Todo o máis, críamos fose un estado de sufrimento moral, por non ver e gozar a Deus, pero non do inferno habitual que desde pequenos sufrimos.

Peor é o de Quintana. Certo que o Bloque de hoxe non é o de hai un cuarto de século, o da navallada da autovía, das manifestacións potentes e multadas, da violencia verbal que en momentos temimos pasase a física. Pero o de non ser independentista déixanos desarmados.

Sabiamos que o PP, centralista e galeguista converso era o centro conservador; que o Psoe, centralista e escasamente galeguista era o centro progresista. E entendiamos que o Bng era a esquerda nacionalista, independentista, coutada por minoritaria pero querendo a independencia de Galicia como Primeira Lei Benegática. Pois non: centro esquerda.

Esto aínda non o sabe Benedicto. Porque se todos somos bós, aggiornados, ortodoxos, moderados... ¿Para quen garda o inferno?.

Quintana e Benedicto. Os dous deixáronme aléutico, que é como no meu pobo traducíamos “Alucinado”, “alelado” ou “non entendo nadiña”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania