Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Febreiro

martes, 12 de febrero de 2008
Saímos dun xaneiro, que sempre remata poñéndose costa arriba, e entramos no febreiriño tolo, o mes máis curto do ano, por máis que cadre en bisesto, que non é o caso deste. E aínda así ben abonda, que xa nos advirte o dito: "Febreiriño curto, cos seus días vinteoito; se duras máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor para ir con ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ó pregoeiro".

Comenza o mes coa Candelaria e segue co San Bras ou Brais, avogoso dos males da gorxa, sen deixar acougo, tal como di a copla popular especialmente vixente nas terras de Lemos, onde disque gardan reliquia deste santo:
Dime de onde ves
Dime a onde vas.
Veño das Candelas
Vou para o San Blas

Case sen avisar chega o Antroido, festa de orixe remota, resto dun teatro primitivo e rudimentario, sucesor de antigos ritos paganos. Por Laza e Verín os peliqueiros preparan os seus traxes e máscaras totémicas.

Polo Ulla os xenerais sacan das arcas as fitas de cores e os uniformes sucedáneos, lonxano eco dun barroquismo colonial americano. No resto do país vixigueiros, choqueiros, zarralleiros, mecos, mascaradas... tamén saen á rúa, cada vez, menos.

O Antroido tiña o seu calendario coas súas pre-celebracións ou preparativos que se foron perdendo, ficando xa como unha curiosidade etnográfica: 0 domingo fareleiro (ou de Septuaxésima) apenas unha lembranza na maior parte do país, logo o xoves de comadres e o de compadres (loita simbólica dos sexos), para cegar ao domingo Corredoiro ou de Antroido (Quincuaxésima) que daba comenzo aos días da festa maior, para rematar co enterro do Antroido (máis modernamente trocado polo enterro da sardiña) que daba paso á Coaresma. Tempo de grandes e rituais fartas de carne de porco (cacheira, rabo, lacón...) e de repostería varia (filloas, orellas...), de gula desenfreada, facendo acopio para as vixilias e abstinencias coaresmais, o Antroido vai esmorecendo (salvo na gastronomía) por toda a parte. Por unha banda ten a súa lóxica, xa que se a Coaresma e os seus ritos, coa progresiva secularización da sociedade, apenas ten vixencia e seguimento, tampouco a pode ter unha celebración que tiña por finalidade prepararse para aquela. Unicamente a parte lúdica, de rebeldía contra os poderes, de troco de papeis, de voltar o mundo ao revés..., ten a súa razón de existir en tanto que reafirma a realidade, a norma e a orde social imperante ao longo do ano.
Máis non haxa medo, que se xa Larra dicía aquelo de "Todo o ano é antroido", referíndose á sociedade e política do seu tempo, hoxe case poderiamos dicir outro tanto.

NOTA: Fotografía de Veiga Roel.
Torres Regueiro, Xesús
Torres Regueiro, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania