Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As eleccións do flautista Feixóo

lunes, 11 de noviembre de 2019
Sempre que hai eleccións, o flautista dos Peares, Núñez Feixóo, achégase a calquer pobo e promételle á xente que queira escoitalo, xente afeita alomenos a aparentar crer, cousas que, aínda que sexan os mesmos contos doutras ocasións, iles, os seus, créeno a cencia certa. As razóns da súa crenza pode que teñan poderosos pais como á simpatía co partido, aparentar amistade coa crase dominante e, sobre todo, para ver se se cae algo como un bó enchufe. Os trepas sempre saben onde hai oferta.

Os contos sempre teñen o mesmo guion: vamos facer estradas, xeriátricos, paseos marítimos, -aínda que istes esteñan ameazados polo cambio climático- auditorios e outras macanas ó uso.
O caso é que llo cren. E isa xentiña parolao na praza, nos bares e onde faga falla. Ata algún soña coas melloras prometidas na bisbarra.

O que non lles conta Feijoo é a realidade máis crúa: Galicia vai para atrais; as empresas desaparecen ou véndense a capital alleo; o agro está case morto e os gandeiros son case escravos das centrais leiteras; o mar cada día vai peor e ata as tripulacións son de inmigrantes forasteiros, porque os mariñeiros de acó ou se xubilan ou procuran outro miserento traballo; os vellos sobreviven con pensións cativeiras e afanse a vivir sen sairse do carreiro; os comerciantes subsisten argallando mil toleadas para dinamizar os negocios e soñando todolos días coa xubilación; os outros pequenos negocios trampeando, e só algúns bares, que non todos, fan negocio. Sempre quedan polo medio os listos que fixeron casas novas, á conta de subvencións para ser rurais, algún armador e cousas parellas.

Pero a realidade é que Galicia despobóase, para non perder o maldito costume.

A súa xuventude fuxe chegada a hora de atopar un traballo. Ou non encontra nada axeitado á súa preparación, ou acepta vivir por moito tempo na precariedade máis absoluta. Pode ser que isa mocedade atope praza de camareiro con soldo cativeiro e sen horario limitado, ou tamén poda traballar nalgunha tenda en condicións parecidas. Do resto, nada.

Se o rapaz/a é espabilado/a, e sobre todo se tén tragadeiras e ductilidade, é dicir, se é pelotilleiro e servil, ata é posible que, sendo o pai influinte, é dicir, tendo cartos e militando no partido, pode ser que atope algún traballo nalgún chiringuito dos que usan para instalar ós seus. O rapaz, despois, só tén que ser apostolo do partido e calar ante calquer inxustiza que vexa. Iso reporta soldo fixo.Ata pode ser que o consideren intelixente. Habelos, hainos. Contáronme tamén que a Xunta é pesebre de intelectuais. Cousas de xente de mala baba, mais só son xeitos de ver a vida.

Se, pola contra o rapaz tén personalidade propia e formación, ha buscar algo axeitado ás súas expectativas, aínda que, hase atopar, outra vez máis, que ou tén un enchufe, ou enche a maleta coa desgraza do emigrante. E, revestido coa súa dignidade, escolle o carreiro de millóns de galegos: a emigración,ou exilio, que,chegado o caso,tanto monta. Así que farto de dor, fundido pola desgraza, colle o vieiro dun alén extranxeiro que permita sobrevivir. Mais a dignidade ergue a cabeza e axuda a sobrepoñerse.

E abandoa a Terra gobernada por iste homiño incapaz de de crear isas esperanzas de desenrolo dista Terra. Porque a patria das persoas é o lugar que deberá ser axeitado para viviren con futuro. E, sen renegar da Terra propia, tamén é terra o niño. E Galicia, cecais porque tén demasiada silveira, non só non o ofrece, senón que cada día pecha máis portas de recunchos. A disgracia de Galicia é que o noso futuro estase a cementar cos xeriátricos e mandangas parellas con istes políticos afeitos ao caciquismo máis tradicional, carentes de visión de futuro e alleos a calquer autocrítica. O seu traballo só consiste en buscar as maneiras de foder o político rival, aínda que iso conleve a desgraza para os pobos.

Diante tal tesitura, alguén debera recordarlle a Feixoo que Galicia cada día que pasa perde máis industria, e non se pode vivir de velas ir. Os gobernantes teñen a obriga, elexida libremente, de loitar polo futuro da Terra na procura de inversións e solucións aos problemas plantexados e hai que buscar o xeito de atraer de novo a isa xuventude perdida polo mundo. Invirta vostede en I+D; busque colaboradores entre tanta xente que tén de mau; facilite a inversión, que non sempre teñen que ser tan contaminantes como as maioría das que hai. (Galicia é a terceira máis contaminante de España). Deixese de demagoxias con subvencións a isto e aquelo porque, aínda sabendo que o empresariado de sempre busca arrapañarn as arcas públicas, as subvencións son cartos dos contribuientes. E cómpre ser cauteloso, porque se ben é certo que hoxe son unha ferramenta de chantaxe do capitalismo, se se dan outras condicións, sempre que haxa rentabilidade, as empresas aguantan.

Galicia aínda tén moito potencial, pero certamente falta empresariado valiente que saiba armonizar beneficios con valoración do obreiro. Non embargantes, hai posibilidades coa madeira, non só para as papeleiras, porque poidera ser para mobles, paneles, construcción… Do mar tamén acó se sabe algo, e hoxe a industria das piscis aínda teñen moito recorrido… Hai cousas -tamén hai que ser xustos e recoñocelo- que animan un pouco como a industria dos drons, a que cómpre certamente axudar. Buscando atópanse máis oportunidades.

Pero, sobre todo, o problema de Feixóo e a súa xente é isa mentalidade cativeira de pequenas subvencións (sempre depende) a xentes afins políticamente- nalgún caso varias e reiteradas no tempo- que permiten montar negocios a amiguetes (Hoteles, restaurantes…) sen mirar moito outras cousas. O certo é que apenas hai industrias que superen os cen obreiros e istas son case sempre de capital alleo. Hoxe Galicia é, industrialmente falando, Ainda tés, a PSG de Vigo, A Estrella de Galicia e pouco máis.

O problema é que Feijóo pense en futuro, non en xeriátricos, porque iso, máis que industria, é unha desgracia que, como ben sabe, só sirven para alimentar ós propietarios dos fondos buxatos. Por certo, ¿Cando vai intervir nos cartos que lle cobran aos velliños nos xériátricos?
Outra cousa: Sendo intelixente como sei que é ¿Ousará evitar as inversións nos portos sabendo que no 2050 moitos desaparecerán? ¡Futuro, Feijóo!

E fai estradas para facilitar isa industrialización tan urxente. Fixéchedes máis de cen polígonos industrais en Galicia e a maioría están valeiros. Igoal que aqueles centros de desenvolvemento comarcal tan ben intencioados coma inútiles. ¡Vaia despilfarro! ¡Sentidiño! , que diría Raxoi, e menos mandangas que xa nos coñocemos. Por unha vez, se lles di a verdade, non pasa nada.

Ides gañar porque sabedes moi ben cos bois que arades. Nós, xa sabemos que a tedes domada. O voso problema é que aínda quedamos algúns cochos bravos, aínda que os vosos sempre fan ofertas.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES