Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gran ollo que nos espreita

miércoles, 13 de noviembre de 2019
Non sei exactamente en que ano foi, a xa desaparecida Telelugo empezouse a ver na provincia.

Daquela fíxenme seguidor de Manolo Sicart que, en distintas etapas presentou: "Soy de Aldea", "Cantos de Sirena" ou "Siglo XXI. Un puente entre la Nada y la Nada". Nos seus programas facía unha crítica á realidade dende o local ao internacional. Era unha crítica mordaz, dura e sen concesións que analizaba a política horizontal e verticalmente.

Cadrou no tempo que arrancou en Telecinco Gran Hermano. Evidentemente Sicart non obviu o tema senón que sentenciou: “A mí no me preocupa el Gran Hermano de Telecinco. A mí me preocupa el Gran Hermano del estado” (non atopo a cita pero permitídeme tirar de memoria).

Andado o tempo comparto, comprendo e incluso admiro esta reflexión…

Internet revolucionou a nosa vida levándonos a era da información. Témola toda a un clic, polo que o gran reto educativo é formar nun espírito crítico que sexa capaz de peneirala, analizala criticamente e transformala. Neste sentido, internet pódenos ofrecer todos os puntos de vista pero nós, só nós, podemos contrastalos e poñelos negro sobre branco ata formarnos unha idea propia do tema en cuestión.

A cruz da moeda de internet vén cando nos empeza a suxerir, é dicir, a anunciar de acordo coas buscas que facemos. Imaxinemos que precisamos un determinado produto e, polo tanto, comparamos prezos e calidades. Moitas veces acceder a unha determinada información implica a aceptación de cookies. Normalmente facémolo de modo automático tendo como consecuencia a recepción dunha sobreinformación.

Ben sei que se poden eliminar e que non nos paramos a facelo pero, ao ver reparar no feito non podo evitar pensar en Sicart e preguntarme se estaremos vivindo nun show de Truman sendo, polo tanto, protagonistas forzosos dun “Gran Hermano” global.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES