Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis galego, por favor

martes, 12 de febrero de 2008
Non temos dúbida: queremos máis galego, en calidade e cantidade, dentro e fora, agora e sempre.

O galego pode estudiarse na universidade ou na escola, en Galicia e na Galicia da diáspora, en Madrid, Castela-León, en Portugal ou Polonia, en Australia, Rusia, Finlandia ou no Reino Unido. E agora o Psoe andaluz pretende impartir clases de galego nos seus centros especializados para mellor dotar ós seus traballadores porque entende que coñecendo o noso idioma os andaluces terán máis facilidades para traballar en Galicia.

Ó Partido Popular non lle gostou esta iniciativa, e a verdade é que non acabamos de entendelo desde Galicia. Porque é perfecto que Galicia e o seu idioma desperte o interese dunha comunidade millonaria en habitantes como Andalucía, que ademáis nos ve como un lugar atractivo para acudir a traballar ó que pretende que a súa xente chegue co bagaxe preciso, comezando polo idioma para mellor entenderse.

O tema non permite dúbida... Que aprendan galego en Andalucía e en todo o mundo, que eso é moi bo sinal para o idioma e para a terra. Mágoa que os pais galegos non transmitan ós seus fillos esa mesma ánsia polo idioma, e que as xeracións máis novas só vexan no galego unha “materia”, unha asignatura de estudio e non un instrumento revolucionario de progreso, de proxección, de futuro.

Máis galego, por favor. Aquí e nas antípodas, na rúa e na Igrexa (esa é outra¡), en Cataluña e en Andalucía. Parécenos moi ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES