Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións no outono

lunes, 04 de noviembre de 2019
A política cansa e moitas veces intento non falar dela, pero esta semana non queda outra, porque morto o can acabou a rabia (hai outro can solto por aí, pero este aínda segue a morder, por moito que lle pese a algúns).

A política cansa pero vivimos baixo o seu xugo. Vivimos tan xunguidos a ela que xa empezaron de novo a bombardearnos con slogans, cartas, carteis e demais trapalladas para que intentemos asumir as súas mentiras e as súas promesas que, co tempo, non se cumprirán. Pero eles saben que somos parvos e tiran para adiante.

Eleccións no outonoSomos tan parviños que, o outro día, un medio de comunicación dixo que 1 de cada 3 estaba indeciso no seu voto. Iso só significa unha cousa: que a 1 de cada 3 dálle igual o que suceda no noso país. Se souberan o que realmente desexan votarían a quen deberían votar. Eu xa hai moito tempo, incluso anos, que sei a quen votar. Pero intentar convencer á xente sería como predicar no deserto, a maiores de que xa somos maiorciños como para saber ir coa cabeza ben alta. Si, este é o problema, que axiña agachamos a cabeza, non vai ser que...

Agachamos a cabeza coma o outono, que, pouco a pouco, vai deixando caer ese colorido que o goberna. É certo que é unha estación preciosa, fermosa en canto ás cores da paisaxe, pero tamén é verdade que deixa todo pingando. Pingando follas esparexidas polo chan que, ás veces, coa humidade, ata chegan a ser perigosas. Claro que, para ver colorido, non hai como achegarse ós cemiterios estes días e contemplar toda unha explosión de matices e cores que che fan murmurar o de todos os anos: a pena é que os cemiterios só luzan nestes tres ou catro días de principios de novembro.

Eleccións no outonoTamén hai diversidade de colorido nos cogomelos. Estes días saen ás moreas. De todas as clases e categorías. De todos os tamaños. A pena é que, eu, tan só poida aproveitar tres: os boletos, lepiotas e níscaros. Tampouco me queixo. Con estes tres chéganme para saborealos e incluso para fartarme. Para un servidor, o mellor deses tres é o níscaro: polo seu sabor e pola súa consistencia. O sábado, por sorte, pillei a darlle cun sacho: dúas cestas de boletos, unha de níscaros e media de lepiotas. Ceei mellor que un político.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES