Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Signos e símbolos dos horreos da Mariña: A memoria dos tempos idos

Rivero, Manuel - jueves, 07 de noviembre de 2019
Cando vin por primeira vez a Mariña, fai aproximadamente cuarenta anos, os seus hórreos, para min como limiao, canastros e para os veciños portugueses espigueiros, foron unhas das construccións que centraron a miña atención.

Por aquel tempo xa anunciaban declive, nunca pensei que este fose tan acelerado e con tanta intensidade.

A situación actual, anuncia que é inmediato e certo que desaparecen. Están na súa fase terminal.
A perda de función, xunto os procesos patolóxicos da pedra, da madeira, do terreo e do clima, son aliados perfectos que aceleran este proceso que o meu entender é irreversible.

Con eles vaise unha parte moi importante do noso patrimonio e das historias de vida dos nosos devanceiros.

Os nosos hórreos son obras maestras da arquitectura rural. Aquí na Mariña Lucense, moitos deles semellan auténticas fortalezas.

Eles falan:
Agora cos seus silencios.
Antes por medio da sua vitalidade e do bullicio da casa.

A perda do hórreo, é un indicador anticipado moi fiable, que nos informa que nun periodo de tempo máis ou menos corto, tamén desaparece a casa o falecer os seus titulares, irse a convivir cun familiar ou a unha residencia de maiores. Coa dinámica actual do vaciado do rural, non se vislumbra tasa de recambio neses fogares envellecidos.

Canta sabiduría encerran estas construccións, que na forma semellan sinxelas, en cambio no fondo mantén un equilibrio perfecto dos diferentes elementos que a integran. Nada sobra, nin nada falta, todo ten o seu tempo e o seu modo de forma sincronizada e precisa.

A modo de termostato mantén de forma constante o equilibrio do aireado, da temperatura e da humidade do ambiente. Neste proceso son fundamentales a altura, a anchura e a orientación. Poden ser máis ou menos grandes, pero nesas tres variables todos coinciden.

A súa función básica é a de secar, curar, almacenar e conservar o grau de millo para evitar que a fame entre na casa, e permita continuar co círculo virtuoso da sementeira ano tras ano.

Son despensas perfectas, que manteñen a bon recaudo o esforzo da casa, das duras e longas xornadas, que trai consigo a preparación do terreo, semente e cuidado, en todo o proceso do cultivo do millo, que vai dende finais de Abril ate a súa colleita no mes de Outubre.

Ratos e demáis alimañas téñeno difícil para poder acceder o interior da cámara. É curioso comprobar o ben que se defenden das externalidades negativas, tanto das climáticas como dos diferentes roedores.

Asociamos os nosos hórreos ao cultivo intensivo do millo dende o primeiro tercio do século XVII, na maior parte da Galiza, principalmente nas zonas húmedas e nas de regadío.

D. Gonzalo Menéndez Pidal, considera que a súa introducción foi polo porto de Sevilla, chegado de América a principios do século XVI, que o seu primeiro cultivo foi no val do Guadalquivir, e que a partir de aí se foi extendendo cara o Norte.

D. Fermín Bouza Brey, atestigua, que foi a Galicia onde chegou do novo mundo no século XVII.

D. Manuel Murguía aporta documentación de arrendadores no mosteiro de sobrado do 1634 e de exportación a través do porto de Ribadeo no ano 1676.

D. Gonzalo Méndez de Cancio, capitán da provincia de Florida, o parecer foi quen o trouxo á nosa terra, e sementado por primeira vez na Veiga de Bría en Mondoñedo.

Se desandamos o tempo e visualizamos detalladamente o número CLXXXVII das Cántigas de Santa María de Alfonso X o Sabio, vemos que hai escasas diferencias entre aqueles tres hórreos alí pintados e os que podemos contemplar na actualidade, tendo en conta que as Cánticas están datadas entre os anos 1270 ate 1282.

O millo paliou moita fame, en certo modo permitiu o incremento da poboación, a cambio tamén trouxo unha enfermidade, a chamada Pelagra, coñecida como maldición, ou venganza azteca que produce manchas na pel. Esta doenza causou unha forte mortalidade, principalmente infantil, o propiciar un trastorno nutricional polo déficit da vitamina B3.

O simbolismo dos hórreos da Mariña é abundante e moi rico en matices. Imos seguir a cadea de valor de: SIGNOS, SÍMBOLOS, METÁFORAS e MITOS.

Un Signo é moi fácil de descubrir. É un indicador, un marcador ou tamén poida que non diga nada, que sea algo arbitrario, ou posto por casualidade nun lugar determinado.
Entender o seu significado xa é máis complicado.
O signo cando se lle suma significado pasa a ser un Símbolo.

Todos os símbolos son patrimonio da sociedade que os creou, e que é ela a que os entende. Son auténticos códigos de comunicación concretos, precisos e fiables para o seu modo de entender e de relacionar. A función básica é a de organizar o seu cosmos e de evitar que se converta en caos.

Ten a categoría de Metáfora cando o nomeamos con unha parábola, fábula ou circunloquio.

Pasa a ser Mito cando se converte en lenda, por veces en historia imaginaria que altera as cualidades dunha persoa, feitos uo acontecementos, dándolles máis valor do que ten en realidade, ou ben ocultando outros feitos de forma deliberada. De forma que entre o Mito e a Realidade pode haber unha distancia tan grande que apenas ten que ver un co outro.

En realidade qué son, por que están aí, cómo chegaron e para que están eses símbolos que se repiten con tanta frecuencia nos nosos hórreos, en espacios ben visibles dos mesmos, principalmente la parte oposta a porta de entrada.

A duda que nos entra é si:
¿É se é certa a interpretación que lle estamos dando?
¿Se son fiables eses marcadores?
¿É se son en realidades signos astrais ao mesmo tempo que símbolos protectores?

Así temos:
1. Trisquel: símbolo celta, druida. Representa o aprendizaje e a sabiduría: presente pasado e futuro.
O presente débese en parte o pasado e proxecta o futuro.
Os seus brazos indican movemento, ou o eterno retorno.

2. Tetrasquel signo astral, que pode representar:
- as catro idades do home: nacemento, madurez, vellez e morte.
- os catro elementos do universo: auga, aire, fogo e terra.
- as catro fases da lúa: cuarto crecente, cuarto menguante, lúa nova e lúa chea.

3. Pentasquel: signo astral, que pode representar:
- cinco elementos do universo celta: Terra, Auga, Aire, Fogo, Espíritu.
- cinco etapas da vida: nacimento, xuventude, edad adulta, vellez e morte.
Hai unha curiosidade ao ver que nos pentasqueis, repitense sempre os cinco brazos por duplicado. De seguro que algún significado nos perdemos neste proceso.

4. Diferentes tipos de rosetas, dende a de seis, pasando pola de oito ou a de dez brazos, quizás sexan as máis abundantes de toda a simboloxía presente nos hórreos da Mariña.

Os indicios dinnos que se trata dun culto solar ou dun amuleto benefactor e protector, ou as dúas cousas á vez. Pode tratarse tamén da Roda ou do Árbol da vida.

Se desandamos o tempo, comprobamos que figuras similares xa as encontramos en grabados rupestres, na cultura ibera, celta, lusitana, nos restos de cerámica tan antiga como os de Liria, na artesanía Tartessa ou Etrusca. Nos tesouros Évora, Aliseda, Caldas de reis, Carambolo ou Ribadeo, e tamén en diademas, torques, arracadas e brazaletes.

Según a Teoría de RZIHA, que tanto estudou as marcas de canteiro nas catedrais medievales, todas elas son Matrices Xeométricas, é decir, fundamentos xeométricos sabiamente encubertos.

Sexan matrices xeométricas, xeometrías máxicas ou sagradas, parecen que están aí para protexernos a nós e as nosas colleitas.

Outro elemento externo que tamén centra o meu interés, son esas pedras acabadas en punta no tellado, a modo de parafusos. Comprobamos que a súa función é a de asegurar as lousas de pizarra ou as tellas contra o vento. En cambio, a crenza popular mantén que é para evitar que se senten as meigas nelas, e así impedir o mal de ollo que pode recaer sobre a colleita.

Dende o ámbito da antropoloxía, ademáis de asegurar as lousas e as tellas, tamén poden simbolizar falos como signos de fertilidade e de reproducción.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES