Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Simón, recollemento ou mofa

miércoles, 06 de noviembre de 2019
Sempre defendín e sigo defendendo que o patrimonio ten que ter uso xa que nunha sociedade como a nosa o obsoletismo significa unha ameaza de desaparición. Polo tanto, defender o patrimonio histórico, artístico, natural, etnográfico ou inmaterial supón buscarlle un uso e unha función social que incluso se poida traducir nun beneficio económico. Para min, é triste vivir nunha sociedade tan utilitarista pero, se queremos defender o noso, temos que saber o contexto co que contamos.

Estes días houbo un gran balbordo porque se concedeu un permiso para celebrar un samaín titulado “Festa do terror” na illa de San Simón cantada por Mendinho e, posteriormente, convertida en leprosaría e campo de concentración. Si, en España houbo campos de concentración aínda que se traten de ocultar. Os exemplos que toman doutros países a nivel económico non parecen valer a nivel social nin moral; sobre todo, cando se trata de memoria histórica. O esquecemento non pode levar a uns usos inadecuados do patrimonio que poñen en perigo ao mesmo. Un lugar onde se sufriu tanto, precisa certo recollemento que nos permita reflexionar sobre aquilo que non debemos repetir.

Quizais, o cerne deste problema é que ninguén entende a función social da historia como fonte de coñecemento. A historia ten que estar viva e converterse en imaxes para que as conciencias ergan un mundo mellor. Da historia xorden os valores pero, tamén, as aprendizaxes que nos permiten evolucionar. Polo tanto, debe compartir un espazo predominante na sociedade, debe converterse nunha sentinela da liberdade porque o esquecemento acércanos a repetición…

Na regulación de usos de San Simón, poden coller moitas actividades e algunhas poden chegar a ser lúdicas. O que non se pode é xogar co tema da morte e do terror nun lugar onde tanta xente rematou a súa vida sufrindo e en total soidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania