Creación e Difusión Cultural
Editorial - lunes, 11 de febrero de 2008
Galicia foxe da liberdade, se consideramos verdade a afirmación de que A Cultura hanos facer libres. Cremos que a lectura é o mellor xeito de asumir coñecementos, de adquirir cultura, de coñecer o que ocorre ó noso arredor, de saber de onde vimos, como e quen somos, onde imos, e que nos agarda no porvir.
Coñecendo, sabendo, podemos escoller. E a acción de escoller é unha opción e unha acción de liberdade. A lectura, por tanto, fainos máis libres. Fainos libres.
Pero a opción de ler é tamén unha opción libre, e non vai a máis precisamente neste noso país.
A federación de Gremios de Editories de España ven de facer público o seu estudio sobre a lectura no Estado español, considerando preocupante a situación de Galicia, xa que o hábito de lectura está nos últimos postos en relación co resto das comunidades.
Resulta que o maior nivel lector de España está no 65 por cento e corresponde a Madrid; a media nacional é do 56,9 por cento, e en Galicia está no 53%. Último lugar das comunidades, xa que de cada cen galegos corenta e sete recoñecen non ler nunca. Último lugar tamén na compra de libros por habitante en España.
Nun concello lucense Outeiro de Rei- había en tempos na porta principal clavado un letreiro suponse que disuasorio para os numerosos vendedores: No se compran libros.
Parece como se o letreiro se houbese extendido a boa tarde do territorio da comunidade. Mágoa que así sexa. E fracaso absoluto para as autoridades competentes que se ocupen da promoción da lectura, e da difusión do libro, no noso País.
Non hai Cultura sin libros. E se os libros baixan, baixa
tamén a Cultura, por moito que haxa unha rimbombante Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural na Consellería de Cultura e Deporte.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora