Cambiar de rumbo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 31 de octubre de 2019
Os medios de comunicación social dannos queixas tódolos días e a tódalas horas:
-Queixas a nivel institucional.
-Queixas a nivel de comunidades.
-Queixas de empresarios.
-Queixas de obreiros.
-Quexas a nivel individual
-Queixas xustificadas.
-Queixas inxustificadas.
-Queixas
Xeralmente cando nos queixamos é porque nos parece que algo vai mal.
Certamente hai moitas cousas que van mal.
Pero:
-Unha institución di que ten a culpa a outra.
-Unha comunidade bótalle a culpa á do lado.
-Os empresarios achacan os fallos ós traballadores.
-Os obreiros queixanse dos empresarios.
-Cando vai mal a convivencia matrimonial; o culpable sempre é o outro ou a outra.
Hai queixas que son xustificadas a todas luces.
Outras veces queixámonos de vicio ou porque non temos outra cousa que facer.
Cando hai problemas ninguén está cómodo e a todos nos gustaría estar.
E dicimos e con moita razón- que o país vai mal: baixa a economía, aumenta o paro, hai máis inseguridade que nunca...
¿QUEN TEN A CULPA DESTA INCOMODIDADE XERALIZADA?
-¿Os gobernantes?
Si.
-¿As comunidades?
Si.
-¿Os empresarios?
Si.
-¿Os obreiros?
Si.
-¿Os esposos?
Si.
Conclusión:
A culpa témola todos. Uns máis e outros menos, pero todos.
Xa di o Evanxeo:
-O xusto peca sete veces ó día
O que estea libre de pecado que tire a primeira pedra.
Daquela
-¿Que temos que facer?
CAMBIAR DE RUMBO
-¿Cómo podemos cambiar de rumbo?
A min paréceme que o mellor sería empezar polo cambio persoal:
-DESPRENDÉNDONOS DA NOSA SOBERBIA que a temos- porque a veces queremos ser máis que os outros, a veces pisamos os dereitos dos outros
-DESPRENDÉNDONOS DA NOSA ENVEXA que tamén a temos- e conformarnos co que temos e co que somos e sobre todo- alegrándonos do ben alleo igual que se fora propio.
-AUMENTANDO A NOSA RESPONSABILIDADE sexa cal sexa o posto que ocupemos na sociedade.
-MELLORANDO A NOSA HONRADEZ sendo tan respetuosos cos bens alleos como nos gusta que sexan cos nosos.
-CRITICANDO MENOS E ACTUANDO MÁIS porque é moi doado ve-los defectos alleos e non mover un dedo por correxir os propios.
-OCUPANDO CON DIGNIDADE O POSTO QUE TEMOS ASIGNADO: os problemos non sempre están fóra de nós; moitas veces están no noso interior.
-DEIXÁNDONOS GUIAR POLO ESPÍRITO que o temos moi abandoado porque o noso EGO xóganos malas pasadas.
Podemos concluir dicindo que temos mal educado o noso ego; por eso temos que cambiar de rumbo.
Pero aínda así: temos fe no futuro.
Eso si: teremos que tomar medidas.
TOMAR MEDIDAS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e se involuntariamente- o/a molestei; pídolle perdón.
¡Qué teña un bo día!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora