Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do camiño: ¡Benvido, bispo Afonso!

domingo, 10 de febrero de 2008
Reafirmamos, monseñor Afonso, a nosa benvida á súa/nosa diocese do Sacramento, xa como bispo titular. En nome propio e dun grupo de laicos/as e cregos, queremos amosarlle a nosa fidelidade neste difícil momento da súa manipulada entrada na diocese na que tanto vostede, coa súa humildade e sinxeleza, coma nosoutros, coa nosa tamén evidente incapacidade para participar, fomos suplantados polo poder eclesiástico e político no día da súa ordenación episcopal. Fomos reconvertidos, sen comelo nin bebelo, en simples miróns e espectadores.

Non é para aplaudir o innecesario desfile de mitras e de autoridades (político/militares) para unha sinxela e pobre diocese. Abondaba cos bispos da Comunidade. Sobre todo, cando rebule a nota dos bispos e están tan preto e próximas as eleccións dos presidentes da Conferencia Episcopal e do Goberno de España. Estas exhibicións de poder/forza eran evitables. Foron buscadas. Soan ás tentacións non rexeitadas das que fala Xesús no Evanxeo deste domingo.

Por riba, con demasiados gastos, mentres pasan fame os pobres (tamén na diocese), co templo polo medio (coma nos tempos de Xesús) e sen superar tampouco a tentación do poder ao xeito do imperio. O Mesías non foi dominador. Foi Servidor, dou a vida. O Reino non se impón coa forza e/ou co poder/diñeiro. Ofrécese con amor e vívese na gratitude e na gratuidade.

Monseñor: pasemos páxina do espectáculo exhibicionista de onte, tratemos de esquecer este feito anti/evanxélico, teñamos capacidade para perdoar de corazón e poñámonos todos e todas (¡pastor e fieis/diocesanos/as!) a camiñar unidos e ilusionados cara á Pascua liberadora.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES