Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nosa Señora do Faro (2)

jueves, 31 de octubre de 2019
III. Lendas sobre o Santuario
Este recinto sagrado posúe unha serie de narracións que tentan explicar dende unha perspectiva popular as orixes da capela; os problemas que houbo respecto á súa propiedade; o xurdimento da fonte; algunhas manifestacións sobre a Virxe; e o sentido sacral do lugar.

Lendas sobre a orixe da Capela
Coméntase que preto do Oseira (Ourense), no monte Alledo, vivían tres irmáns virxes. Un bo día, unha delas, cansada de soportar as discusións e rifas das súas veciñas, decidiu retirarse a un lugar onde pudiese ter tranquilidade. Ó mesmo tempo animou as súas irmáns para que fixesen outro tanto. E deste xeito, cada unha delas marchou ó A nosa Señora do Faro (2)cume dunha montaña: unha á Pena de Francia; a outra á Madalena, e a terceira, que foi a que tivera a iniciativa de marchar ó Monte Faro. E nestes sitios, cada unha delas ten hoxe cadanseu santuario.

Dícese que a imaxe da Virxe estivo oculta bastante tempo debido á invasión musulmana. Un día, uns pastores viron unhas luminarias no cume do monte. Desplazáronse ata o lugar e, logo de cavar onde brilaba a luz, atoparon unha imaxe da Virxen.

Este tipo de lendas que teñen como denominador común “os sinais extraordinarias” nun lugar e “os pastores tendo conta dos seus rabaños, foron o fundamento ou base de numerosas historias que tentaban dar sentido ó emprazamento dun santuario, as máis das veces mariano.

Tamén, se menciona, que no lugar de A Matanza, da parroquia de Furxo, o monarca Alfonso o Casto, derrotou a un exército mouro, gracias a proteucción da advocación mariana do Faro. Agradecido por este feito, o rei cristián construiulle unha capela preto do lugar onde se levou a cabo a loita.

Non embargantes esta lenda carece dun mínimo rigor histórico.

Lendas sobre o réxime de propiedade do Santuario.
Dícese que os monxes de Oseira (Ourense) adquiriron certos dereitos sobre a imaxe da Virxen ó percibir certas rentas na parroquia de Requeixo (Chantada). Por tal motivo, ben para que o mosteiro adquirise máis prestixio, ou ben para que a imaxe non caese no abandono total, decidiron trasladala ó mosteiro ourensán aproveitando a noite . Non embargantes, cando a xugada de bois e o carro que transportaba a imaxe da Virxe, chegou ó lugar coñecido como “O Pedrón”, parou de súbito, e por moito que tentaron os seus acompañantes para que continuase, non o deron conseguido. Ademaís, nese preciso momento comezaron a repinicar as campás da igrexa de Requeixo, avisando ó vecindario da intromisión allea e impedindo, deste xeito, o traslado.
Tamén, se comenta que un grupo de veciños da parroquia pontevedresa de Camba forzaron, á noite, as portas da capela, cargando a imaxe da Virxe nun asno. Ó chegaren ó cerro do Mirante o animal detívose sen razón aparente algunha, non podendo movelo os seus portadores. Nese intre, as campás da igrexa de Requeixo empezaron a sonar, alertando ós veciños, que subiron á capela, comprobando como o lugar que ocupaba a Virxe estaba baleiro. Rapidamente comezaron a buscala, atopandoa nun toxal de cara a Rodeiro (Pontevedra).

Lenda sobre o xurdimento da fonte.
Menciónase que a Virxe do Faro ía a visitar a miúdo as súas irmáns, que vivían noutras cumes. Un bo día, ó regresar dunha destas visitas, o asno que montaba morría de sede, polo que a Virxe golpeou unha roca cunha vara que levaba, brotanto de súpeto un manantial.

Lenda sobre manifestacións da Advocación Mariana
No monte Faro encóntranse unhas penas nas que hai gravadas unhas formas de estrano siñificado. Nunha delas aprecianse uns ocos que semellan dous pés labrados sobre a roca. A imaxinación popular veu unha correspondencia entre os ocos e as pegadas deixadas pola Virxen ó seu paso polo monte.

Tamén, na parroquia de Nogueira (Chantada), nos lugares de a Pena da Virxen e a Burata da Virxen, hai signos gravados na pedra que son interpretados como pasos da Virxe.

Ós gravados nas rochas ou penedos, deuselles a miúdo, desde unha perspectiva popular, un carácter sacro ó ser concebidos como manifestacións da divindade.

Lendas que dan un sentido sacro ó lugar
Faise alusión a que un rei que tiña a súa corte na cidade de Ourense, preocupado polo saqueo musulmán, saliu dos seus dominios coas súas alfaias, ocultándoas nos montes do Faro. Unha noite, algúns individuos tentaron encontrar o tesouro, do que únicamente tiña constancia a Virxen. Non embargantes, postos á tarefa non pudieron rematala, xa que se levantou unha bretema que os foi alonxando do lugar , impedíndolles volver.

Tamén, os veciños da parroquia creen que os gandos que se encontran no adro da capela e nos seus arredores non sufren ningún dano dos lobos nin doutros animais salvases.

Comentase que os mouros construíron unha capela adicada a San Antón no Coto Mirante. O santo tiña a cabeza de ouro e rouboulla un portugués cobizoso. No intre actual, a capela non existe ben porque desapareceu, ben porque foi deteriorándose paseniño.

Lenda sobre a Fin do mundo
Nun tempo vindeiro habrá a última confrontación deste mundo. Só participarán mulleres e nenos, debido a que xa os homes deixaron de existir. Usarán as armas que utilizaron os mouros nunha gran loita que tiveron neste lugar, e que se encontran soterradas.

A lenda está ligada, segundo Vitor Vaqueiro, a un grupo de tradicións, coñecidas en Centroeuropa e Inglaterra, que fan alusión a última batalla.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES