O pasado sábado, día 26, tiven a oportunidade de asistir, en Vilalba, a un acto no que se

racharon os tabús que, por descoñecemento, sitúan ás persoas con diversidade funcional como vítimas. Estou a referirme ao nomeamento de Iago Pérez Santalla como Chairego de Honra.
Os que o acompañaron na mesa desprendían naturalidade. Falaron de distintos aspectos da súa variada traxectoria inclusiva quedando diluída a diversidade funcional. Traxectorias así son as que tanto se necesitan para que esta sociedade sexa máis humana; por iso, precisamos máis Iagos.
Resumir o acto como moi emotivo quedáseme pequeno. Quero destacar de maneira especial o recordo que tivo para Fiz Vergara Vilariño, tamén Chairego de Honra, ao que considera -consideramos- un referente.
Nas palabras que nos dirixiu, e que tamén nos deu por escrito, teño a seguinte dedicatoria: A Marisol, pola loita compartida. Así é, os dous sabemos de primeira man o que significa ir abrindo camiño case sempre contra corrente. Os dous sabemos que unha diversidade funcional non nos define.
Remato coa miña felicitación á Irmandade Manuel María e a Xermolos por distinguir a unha persoa capaz de superar as adversidades do día a día. Reitero tamén os meus Parabéns a Iago!!!