Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aínda se queixan!

lunes, 28 de octubre de 2019
A semana pasada a exhumación de Franco varreu incluso dos medios de comunicación á situación catalanista. Hoxe aínda segue a colear o traslado do ditador. A min ponme moi nervioso ese señor e o seu réxime. E, agora mesmo, aínda me pon máis a súa familia. Están a queixarse unha e outra vez do trato que se lle dispensou e se lle dispensa ó seu parente. Case, case o mesmo trato que o noso país, o noso Goberno lle dispensou a toda esa camándula, que viviron e están a vivir a conta nosa.

Aínda se queixan!Noutros países, cando un pobo se ergue contra as ditaduras, os ditadores e toda a súa prole foxen ou exílianse coma cans con vincha ó rabo, coma quen leva o demo detrás. Aquí, os que realmente se exiliaron foron aqueles que se sentiron acosados, maltratados, insultados, inxuriados e vilipendiados.

Nin con isto lles chegaba a eses avaros do poder, pois non tendo en quen meter o dente querían morder unha e outra vez ós familiares que quedaron e aguantaron cheos de medo. E eses mamalóns quéixase do trato. Se o peor dese parente ó que trasladaron con case honores de Estado (non fose o demo que...) non foi que se levantase en armas, senón o que aconteceu despois, o que fixo ó verse vencedor.

Agora, a súa familia e esa restra de adeptos que aínda hai nesta España nosa (e hai moitos, moitos) quixeron e queren un bo trato para esa “pouquiña cousa” de, iso si, mente retorcida.

Que non se queixen, que se fora noutro país, moitos deses familiares deberían de estar nos presidios que ergueu o seu parente, ou a picar pedra derrubando os encoros que mandou construír.

Aínda se queixan!Os que se queixan son agora os do PP polo asunto dos prazos do AVE á nosa Comunidade. Quéixanse agora. Mentres estaban eles no Goberno, as queixas brillaban pola súa ausencia. De todas formas, si que é verdade que, estando uns e outros, Galicia, xa se sabe, o cu do mundo. Como di Ana Pontón: deben de pensar que somos parvos. Aniña, algo si somos; xa verás como o día 10 dámoslle a eses dous partidos a nosa confianza... para que nos sigan dando por aquel sitio.

O máis triste de todo é que os galegos deses dous partidos sempre aran a favor dos do outro lado do Padornelo. Así nos vai. Así estamos (e estaremos) sen AVE.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES