Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O que arde

miércoles, 30 de octubre de 2019
Fun ver a película de Óliver Laxe e o primeiro que hai que dicir é que responde á expectación creada na forma e no fondo: na forma porque coida moito a escena e vai construíndo non só o contexto senón o ambiente sociolóxico e psicolóxico no que se inserta a historia e no fondo porque afronta quizais a gran pregunta: un incendiario pódese rehabilitar?

Custa moito reflexionar sobre esta pregunta; máis se se ten en conta que a madeira está rodeada de intereses económicos con poderosos tentáculos, cabe preguntarse: o incendiario é o protagonista dunha acción individual ou é a punta dun iceberg?

Unha vez feitas estas dúas reflexións quero teimar, de novo, na necesidade de utilizar o monte como un instrumento de loita contra a despoboación do rural. Isto supón fomentar a súa sementeira fronte a súa plantación: quen sementa vive no rural e coida o monte porque o precisa; quen planta deixa pasar o tempo e atópase cun diñeiro fácil. Neste sentido, quizais sexa positivo (na medida do posible) fomentar a sementeira con incentivos fiscais establecendo, paralelamente, un réxime sancionador que obrigue a quen planta a manter limpas as leiras.

Dentro das plantacións é preciso unha ordenación que, ademais da semente, prime a plantación de especies autóctonas porque cando Castelao dixo aquilo de “vale máis unha terra con árbores nos montes que un estado con ouro nos bancos”; nunca se imaxinou os montes galegos invadidos de eucalipto…

O futuro seméntase, xamais se planta…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES