Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Poesía ao rescate dos Frescos dos Vilares

sábado, 26 de octubre de 2019
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños e o grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica chaman a crear poemas que inclúan nos seus versos SALVEMOS OS FRESCOS DOS A Poesía ao rescate dos Frescos dos VilaresVILARES e FRESCOS DOS VILARES, V SÉCULOS DE NÓS. O estilo, métrica e idioma son libres. O prazo límite de recepción dos poemas será o 30 de novembro.

Esta iniciativa busca coa poesía reivindicar ás administracións públicas a restauración destas importantes pinturas do S.XVI. Os poemas recibidos serán publicados nas redes sociais das dúas entidades e unha vez recibidas todas serán enviadas ao conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, e aos titilares da Igrexa, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Guitiriz. Tamén serán editados en formato dixital para a súa descarga gratuita.

Os poemas poderán enviarse ao correos:
dosvilares@gmail.com
nnpggazeta@gmail.com

A iniciativa busca sensibilizar ás diferentes administracións para evitar a perda destas importantes obras artísticas (están incluidas na lista vermella do património estado) de estilo gótico hispano-flamenco dos mestres de Parga e Nogueira.

Casi cinco anos de promesas, visitas, iniciativas parlamentares, valedor do pobo, conferencias, edicións de diptucos, videos etc que resultaron infructuosos diante da administración mentras que o paso do tempo, as humidades e a falta de protección siguen a deteriorar as pi turas co risco de desaparición definitiva si non se toman medidas para evitalo.

A acción poética culminará con un recital poético para reclamar a restauración dos frescos.

Será a poesía quen conmova os fríos corazóns institucionais? A Lareira de soños e a NPG diránllelo en verso...

#SalvemosOsFrescosDosVilares
FRESCOS DOS VILARES/V SÉCULOS DE NÓS.
A Poesía ao rescate dos Frescos dos Vilares
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES