Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Pontes de García Rodríguez

viernes, 25 de octubre de 2019
Tempos aqueles dos anos sesenta que o polo de desenvolvemento de Lugo estaba en Ferrol e tiña nas Pontes a súa delegación. E foron milleiros os traballadores –homes, claro, que as mulleres aínda non conquistaran o mundo laboral- do oeste lucense que foron traballar a Ferrol onde a construcción de barcos e as industrias auxiliares garantían un emprego inmediato.

E As Pontes foi punto de reclutamento especial para os vilalbeses, con ducias de contratados na “mina” ou “a empresa” nome xenérico para aquel conxunto industrial, fose industria extractiva, de transformación ou de produción de enerxía.

Desde hai moitos anos sabíamos que As Pontes tiña os seus anos contados por tratarse dun ciclo de produción altamente contaminante, e de consumo de combustibles fósiles. Acabouse o lignito das Pontes ou deixou de ser rendible a súa explotación, e tróuxose de fóra ao porto de Ferrol e de aí en camións ás Pontes para queimalo e producir enerxía, e encheuse de auga a macroexcavación da mina de xeito que As Pontes conseguiu un magnífico elemento de promoción turística.

Cambiaron a empresa, as políticas e os tempos, e de súpeto a noticia da caducidade dun sistema sorpréndenos aos lucenses e dóenos pola perda de postos de traballo no futuro, xa que aínda que a situación actual non teña que ver coa do pasado, segue a ser importante como fonte de riqueza por selo de postos de traballo. E o problema de As Pontes xúntase ao de Alcoa de San Cibrao, onde o perigo radica nos custos que a factoría ten que pagar pola enerxía, con perigo para os seus resultados económicos.

Causa extrañeza que, especialmente no caso das Pontes, se hai anos se sabía que tiña final a prazo fixo, non se planteara polos poderes públicos en tempo e forma un plan de continuidade como saída á situación e, do mesmo xeito que se planificou o fin do periodo extractivo da mina e se solucionou o tema ambiental e ecolóxico, non se estudiara o que ía pasar coa comarca no futuro.

Quizais a empresa plantea o problema para que o Goberno lle axude a solucionalo; pode que teña solución ou non. E está ben que os afectados busquen ser escoitados. Pero este clamor chega tarde, e o momento non é de algaradas senón de sentarse e negociar, a nivel canto máis alto mellor. E a ver que pasa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES