Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

191 minutos de televisión

viernes, 08 de febrero de 2008
“La televisión pronto llegarᔠcantaron os nosos devanceiros agardando do novo medio que fose un elemento do progreso como no seu momento se agardou do ferrocarril para Galicia.

Pensábase que a televisión superase ós xornais e ás radios, pero a imaxe non logrou matar a estrela da radio, senón que se demostrou que os medios podían convivir complementándose.

E a televisión implantouse nas nosas vidas, nas nosas casas, abosorbendo a nosa atención como ningún outro medio. Quen pensou que era un medio que permitía a participación do espectador nas mensaxes emitidas equivocouse de medio a medio. E na actualidade, salvo excepcións honrosas pero escasas, ofrece un panorama pobre e cutre, do que forzosamente percibimos cantidades masivas pola forza do hábito.

Os galegos vemos por termo medio a televisión un total 191 minutos ó día. E se esto nos parece un despropósito, somos os españois que menos o facemos, xa que a media do estado foi de 220 minutos o pasado ano, destacando os casteláns-manchegos con 258 minutos.

A televisión que na actualidade se consume é, na súa maior parte, de entretemento, concursos, potenciación de personaxes de dudosa exemplaridade, resultando unha penosa mostra de labor audiovisual que enche sen alimentar.

191 minutos diarios de televisión, da televisión actual, é alienante e evidencia outras carencias relacionadas coa ocupación do tempo libre, que a lectura, a música ou as camiñatas poderían encher.

Moi baixo ten caído o medio despois de tantas esperanzas. E sen embargo a televisión ten futuro, unha vez supere o feble presente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania