Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En época preelectoral, coidado co xornal!

jueves, 24 de octubre de 2019
Soa ben como tema, pero o certo é que se queda moi curto: hoxe por hoxe, calquera día e non só en período electoral o ler entre liñas o xornal (ou ver entre imaxes no caso da tele) é tanta necesidade como o non despistarse coas novas (reais ou supostas) nas redes sociais. Un tema de pedagoxía na actualidade: mirar con lupa o que poda soar a noticia. O malo, que case todo o que nos chega pode ‘soar a noticia’…

Así pois, vaiamos unha vez máis a ver un exemplo onde se pode aplicar esa ‘eduación lectora’ ante un caso evidente de noticia presentada dun xeito tendencioso.

Apareceu hai uns días unha nova sobre os resultados dunha enquisa para reflectir a opinión dos galegos sobre a sanidade pública. Os datos son claros: a perto da metade dos enquisados -46,1 %-parécelle que neste mandato (catro anos) a sanidade pública empeorou, e menos da cuarta parte (de feito, menos da metade que os anteriores), que mellorou. O titular reflícteo retorcendo os datos: ‘La mayoría de los gallegos no ven mejor la sanidad gallega que hace cuatro años’. O subtítulo volve a sesgarse, pois evita citar que a porcentaxe de quenes cren que vai mellor -22,2 %- aínda está por baixo do 25 % que corresponde a quenes non aprezan cambios.

Coido que reflexaría abondo mellor a realidade algo como ‘case a metade dos galegos ve peor a calidade da sanidade galega que hai catro anos’, por non dicir ‘os galegos que viron empeorar a sanidade son máis do dobre que os que a viron mellorar’
O título é o que máis se ve, o que causa o primeiro e principal impacto, e o sesgo está claro. No texto en si xa hai moitas variables: as novas sempre son abondo máis longas que os títulos, e por iso, dan máis información, son máis difíciles de tratar e mesmo poden corrixir en parte o que aparece nos títulos. En canto ás cifras e gráficos, que se presentan para facer máis bonita a nova, moitaws veces acompañan a sensación de engano. Como ocorre na nova citada: aínda que como sempre, parándose un pouco na lectura soluciónase a comprensión, as táboas preséntanse embarulladas, o gráfico principal non é interpretable de xeito inmediato debido a múltiples cores que implican datos de significado diferente en cada gráfico dos que se presenta sobre a imaxe de Galicia, e a gráfica de barras máis clara, resulta que ten a cor en destaque, máis vivo e alegre, para a maior porcentaxe, que neste caso significa polo contrario, o peor resultado…
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES