Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rosario Durcal

miércoles, 23 de octubre de 2019
Hai arredor de medio século que escoitei falar de Rosarío Durcal ao compañeiro xornalista Francisco Rivera Cela, non podendo pensar daquela que chegaría o momento no que estaría presente nunha Semana de Cine de Lugo, rescatada do esquecemento polo arqueólogo cinematográfico Manuel Curiel, Director da Semana Internacional de Cine de Autor.

Ben sei que é unha licencia extraña chamar arqueoloxía a unha función como a que Curiel desempeña, pero entendo que non hai máis remedio que considerar como tal o que desde hai ben anos exercita ao dedicarse a rescatar do esquecemento xentes do noso cine que o paso do tempo arredou do coñecemento popular. E temos como exemplos senlleiros as e os lucenses Carmen Correa, Prudencia Griffell, Frank Braña, Mercedes Cora, Victoriano Lopez García ou Manuel Lourenzo… pasando polos coruñeses Ricardo Nuñez, Enrique Muiño ou Antonio Casal, ata chegar ao grande Eduardo Fajardo, que a raíz do seu descubrimento como galego foi nomeado Fillo Predilecto de Meis, o seu concello natal.

E agora, a lucense Rosario Durcal, noventa e dous anos despois do seu nacemento nesta capital, “volve á vida” para xeral coñecemento da súa existencia, da súa traxectoria, da súa pertenza á nosa cidade, precisamente con motivo da Semana de Cine qie fai o número 41 das que Fonmiñá (e Curiel) leva organizando en Lugo.

Fonmiñá hónrase en rescatar para achegala á súa cidade a memoria da lucense Rosario Durcal, reivindicándoa como lucense; nosa.

(Xulio Xiz é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania