Recuperar a normalidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 24 de octubre de 2019
Non fai falta ir á universidade para entender o que significa a normalidade.
Moitos dos nosos antepasados non pisaron a universidade, nin o instituto, nin acadaron o Certificado de Estudios Primarios e souberon gobernar sabiamente a súa vida persoal, a da súa familia e moitos incluso ocuparon outros cargos de certa responsbilidade.
Hoxe en día temos máis estudios que nunca. Eso é bo. É moi bo.
Os estudios non están reñidos con nada.
Aínda así faltan valores na vida de cada día:
-FILLOS QUE SE REBOTAN CONTRA OS PAIS E NALGÚN CASO HAI MÁIS QUE PALABRAS.
Hai pais que non saben onde meterse e confesan que nada máis están tranquilos cando teñen os fillos en prisión porque alí non fan mal a ninguén
(Tamén habería que saber que educación lles deron, canto lles consentiron, canto vicio lles deron, que valores lles inculcaron
)
-ALUMNOS QUE SE REBOTAN CONTRA O PROFESORADO e hai casos nos que os profesionais do ensino se ven obrigados a coller unha baixa laboral por estrés.
Ademais de agredir ós compañeiros ata se atreven co profesorado.
¡Ata onde chegamos!
(En boa parte froito da educación familiar carente de valores
)
-DOENTES QUE AGREDEN Ó PERSONAL SANITARIO NON FALTAN.
Hoxe e día ata hai doentes que rouban ós médicos dentro do hospital.
Outrosque lles queren dar leccións de medicina ó personal sanitario porque antes consultaron ó doctor Google
¿A que van ó médico?
¿A que van ó hospital?
-RECLUSOS QUE CHEGAN ÁS MANS COAS PERSOAS ENCAGADAS DA SÚA CUSTODIA E REINSERCIÓN SOCIAL.
¡Nunca tal se viu!
(Persoas que levan unha vida desenfrenada que na maioría dos casos non escarmentan nin despois de estrelárense)
-ADULTOS QUE CHEGAN A PRIVAR DA VIDA Á NAI OU Ó PAI DAS CRIATURAS DAS SÚAS ENTRANAS.
O número de mulleres asesinadas xa pasa de castaño escuro. Unha auténtica vergonza.
Non me extraña que mellore sustancialmente a vida das mulleres que optan por separase.
Cando a convivencia non é posible; poñer terra por medio é a mellor das opcións; aínda que sexa lamentable.
¡Cantas criaturas quedan orfas!
¡Cantos viúvos e cantas viúvas antes de tempo!
(Persoas que non soportan o peso da vida porque non saben conducirse)
-MOITAS PERSOAS DE BEN QUE SE VEN PRIVADAS DAS SÚAS PERTENZAS porque hai outras amantes do ben alleo
E se rouban menos de catrocentos euros, non pasa nada
Catrocentos a min, outros catrocentos a vostede, outros catrocentos a outros
E se entran na casa a roubar, hai que darlles carta branca: que collan o que queiran e que se vaian tranquilos e felices cando eles o consideren oportuno
(Se esto pasa nun país civilizado, democrático e seguro
)
-GOBERNANTES QUE NON SABEN POR ONDE AGARRAR O TIMÓN DO PAÍS
E mentres tanto: PASEN DÍAS Y VENGAN PANES.
¿Non terían que poñer orde cobrando tanto como cobran?
Non sei, non sei
Paréceme que consideramos normais moitas actuacións tanto individuais como colectivas que son anormais a todas luces.
Pero o país non pode irse a pique porque hai moitaspersoas encargadas de que eso non suceda.
Hai moitaspersoas de ben que loitan e aguantan silenciosamente do timón da súas vidas e das súas familias.
Persoas de tódalas clases sociais, persoas de tódalas condicións que teñen moi claro que a normalidade é a mellor das opcións posibles.
Somos moitas as persoas que estamos desexando que as augas volvan ósseus cauces e a vida poida circular con normalidade.
Somos moitas as persoas que facemos todo canto podemos para que todo vaia ben:
-Moitos avós e avoas que están dando os seus últimos folgos para axudar a que as xeracións vindeiras podan defenderse dignamente.
-Son moitos os pais de familia que cultivan valores no día a día:
-Fundan unha familia.
-Educan ós fillos como é debido.
-Moitos: bautízanos, mándanos á catequese para que aprendan a practicar a doutrina cristiá e vivan como Deus manda.
-Son moitas as criaturas que se crian nun ambiente saudablea nivel físico, intelectual, moral, espiritual, emocional...
A SOCIEDADE ESTÁ ENFERMA; PERO SANARÁ NO MOMENTO EN QUE CHEGUEMOS A VER OS NOSOS ERROS.
Soamente cando vemos os nosos defectos, somo capaces de correxilos.
Penso que a sociedade en xeral a vista de feitos como o cambio climático, a falta de autoridade e de valores morais, terá que dar un cambio para reconducir a boa marcha do mundo.
Necesitamos cambiar de rumbo.
CAMBIAR DE RUMBO
Este será o título do seguinte artigo.
¡Contamos con vostede!
Moitas grazas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora