Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 23 de octubre de 2019
Na banqueta da esperanza

Quero pasear á beira do mar e, ó pouco, sentar nun penedo para contemplar a sombra dun soño. Quero escoitar o ruído do mar e tatualo en silencio. Ergo os ollos cara ó ceo e vexo máis alá das estrelas. Vexo un universo que non ten fin, un universo Pingas de Orballoinalcanzable. Deixo que caia sobre min unha melancolía que vai e vén por entre as toxeiras da costa. Deixo que o berro se perda por entre as nubes negras dun cosmos insaciable. Deixo que a inspiración dunha pesadume me leve pola beira do mar. Ergo do penedo e vou. Vou camiño do mar. Mollo os pés e sinto bolboretas nas entrañas. Quero afogar o berro no salitre da auga do mar. Non me meto mar dentro porque ó afondar o estoupido do silencio mataría o meu afán. Quero correr pola ribeira do mar para que as pingas de auga salpiquen a miña ansiedade como bágoas de outono ou como lágrimas na chuvia de “Blade Runner”. Salpico, chapuzo cos pés as ideas que navegan por entre as ondas dun poema sen título ou dunha novela sen final. Corro ata non parar máis. Corro con ansia detrás dunha inspiración que se me perde, que non controlo. Corro ata rebentar. Pero non rebento; porque a ilusión chouta de palabra a palabra, de versos a verso, de frase a frase. E o devezo queda aí, suspendido, en silencio, ou sobre unha nube de algodón, ou sobre un lampo de vento, ou sobre unha pinga de orballo, ou sobre o elo dunha cadea. O desexo senta na banqueta da esperanza.

Son un penitente

Xa son un penitente que ando baixo a chuvia solicitando o jazz de Miles David. Pingas de auga caen sobre a miña cabeza e deixo que a orde alfabética dite as miñas ideas. Á miña esquerda vai un can de palleiro mirándome de esguello. Vai mollado. Vai pingando. Vai medio correndo e co rabo entre as pernas. Quero berrarlle, pero simplemente lle asubío. Mira novamente de esguello e bota a correr como alma en pena. Pingas de OrballoChoven paus e ruído de sables sobre a conciencia dun pobo, mentres uns pés zapatean nun charco cheo de auga lixosa. Alguén baila ó ritmo dunha muiñeira que sae pola fiestra dun piso calquera. Quero correr tras o can de palleiro, pero penso que lle chega ben co seu propio medo. Son un penitente que cabalgo sobre a nana do cabalo grande de Camarón e deixo que a auga baixe pola miña cara mentres me tiro a un toxo para espertar. Para espertar dun soño que se escondeu entre as orellas do can de palleiro. O can de palleiro fuxe dunha realidade que lle mete medo. Choven xenreiras sobre un pobo que quere ser libre (hai liberdades que as hai que pagar con sangue). Son un penitente que quere ir máis alá dunha minoría asoballada e facer que rebenten sentimentos de ignorancia. Quixera ser un Mad Max loitando no deserto do descoñecemento dunha maioría que non controla, que non domina a súa xenreira. Son un penitente montado sobre un can adoecido que morde na insensatez dunha chusma que vai e vén baixo o auspicio dos que cren ter a razón. Pero non a teñen.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES