Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na XLI Semana de Cine de Lugo

martes, 22 de octubre de 2019
Se a edición número corenta da Semana de Cine de Lugo fose un porto de montaña, agora mesmo estaríamos baixando a terra chaira, acelerando a pedalada, animados polo rubicón superado. Pero cada Semana é unha proba de esforzo, un do de peito, un porto que superar.

E estamos no porto seguinte, coa satisfacción de ollar ao pasado, as miradas confiadas no futuro, pero coa decisión e a preocupavión do presente, tentando ofrecer aos cinéfilos lucenses unha Semana ilusionante, atractiva, sempre nova e alegre, á medida das nosas ilusións que as nosas posibilidades non deixan de matizar.

Celebrar a Semana no mes de outubro, pasadas as grandes festas do San Froilán, é unha innovación que queremos experimentar coa idea de seguir progresando axeitadamente nesta nosa tarefa de mergullar en cine aos devotos desta arte que nos conquistou desde o momento en que soubemos ver conscientemente o novo mundo que se abreu para nós.

Co desexo de que os lucenses disfruten do cine que a Semana ofrece, o agradecemento a institucións e empresas que colaboran coa organización e o recoñecemento permanente aos que connosco viven o cine, velaquí deixamos a colleita de ilusións que desde o remate da anterior Semana viñemos preparando.

Que viva o cine!

(Xulio Xiz é Presidente de Fonmiñá)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES