Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pouca chuvia, moito acoso

lunes, 21 de octubre de 2019
A noticia diaria, semanal e mensual que imperou nos medios de comunicación foi o asunto de Cataluña. Eu non vou falar de Cataluña. Porque se o fago enfadaría a moitos. Así é que deixo que falen outros, que escriben para o gusto da maioría. Recoñezo unha vez máis que sempre vou a favor do débil, do asoballado. Non sigo porque se non vaise descubrir todo e habería as do demo e a mona.

Podo escribir entón sobre a chuvia. Si, parece raro pero cada vez é máis complicado falar da chuvia. Porque cada vez chove menos. Ten o seu aquel falar da chuvia en pleno outono, cando se entende que deberiamos estar xa acostumados a días chuviosos, a horas pechados nas casas porque o tempo non está para paseos. A estas alturas non deberiamos pedir que chovese.

Pouca chuvia, moito acosoNon hai moitos días, lendo polo paseo do río Sor en Maceda, déuseme por probar a cruzar o río... e cruceino! Sen ningún problema; simplemente con dous coios que sobresaían un chisco. Non lembro agora que xornal foi o que traía, tamén hai uns días, unha foto do río Limia ó seu paso por Xinzo de Limia. Sequiño por completo! En pleno outono! Choven máis paus en Cataluña que pingas de auga sobre Galicia. Que dixen!; nada de Cataluña.

Tamén vin nos xornais algo relacionado sobre o acoso escolar. O acoso escolar é un asunto tan triste, tan triste que me enrabecha moito. Aínda que, agora mesmo, o que máis me rebenta é que ó acoso se lle chame bullying. Pero se ata acoso é máis curto! Aquí si lle boto a culpa ós medios de comunicación por deixarse vencer polas palabras de fóra. Seguro que é porque pensan que dan máis categoría, máis empaque. Se ninguén escribira ou dixera bullying, ninguén lería ou repetiría a susodita.

Pouca chuvia, moito acosoDeixando a queixa sobre a linguaxe, non queda outra que solicitar vixilancia, moita vixilancia nos colexios. Porque o acoso é algo terrible, é algo que pode marcar para sempre a unha nena ou neno. O acoso é medo, moito medo. Lembro na miña época dos Milagres como se me encollía o estómago cada vez que pensaba que me podía atopar co típico abusón que hai sempre neses lugares. Ás veces non facía cousas polo medo de non pasar por tal ou cal sitio. E si creo que en moitas ocasións se poderían evitar eses acosos, porque todos saben (incluídos profesores) quen son os “grandes machos”.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES