Pagar ós altos cargos
Editorial - jueves, 07 de febrero de 2008
Tiñamos asumido que os presidentes do goberno e da Xunta de Galicia, pola súa función, disfrutan dunha especial situación que continúa aínda que deixen de ocupar estes cargos. Entendendo que esta situación económica e social se orixina precisamente en razón ós seus altos cargos, para garantir un determinado nivel durante un tempo, e para evitar que teñan que desempeñar funcións impropias do cargo desempeñado.
O mesmo ocorría cos ministros do goberno, que durante un tempo percibían determinados emolumentos para compensar os danos sufridos no desempeño do cargo.
Agora esta especial situación exténdese a todos os funcionarios que ocuparan altos cargos durante dous anos consecutivos ou tres alternos, por quen sabe que menoscabo sufrido por tales funcionarios no desempeño dun cargo de altura que os leva a disfrutar de por vida dos ingresos derivados do nivel 30, o máximo dunha situación funcionarial, aínda que o seu posto normal na Administración sexa dun nivel moito máis baixo.
Esto é difícil de entender entre os diversos niveis administrativos, que non comprenden estas compensacións vitalicias. Pero máis aínda polo xeralidade dos galegos, que asumen dificilmente unha prebenda coma esta nunha administración que politiza case todo o toca, independemente da cor do que a goberne.
Pagamos ben ós altos cargos. E cando deixan de selo, seguimos pagándolles polos servizos prestados. En tempos lonxanos e suponse que menos democráticos, os servizos prestados agradecíanse, e punto. Agora, ademáis, están excelentemente dotados. Non se entende, pero seguro que é polo noso ben.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora