Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: A gran Balea de 1908

miércoles, 06 de febrero de 2008
O día 2 de febreiro do ano 1908 era domingo, e contan as crónicas que aquel día, sobre as doce da mañá apareceu en alta mar, cerca da barra, algo semellante a un barco coa quilla para arriba, dende a que parecía que algúns homes pedían auxilio. Espallouse de súpeto a noticia e “dejando muchos la comida sobre la mesa, fue multitud de gente al Campo da Cabana, desde donde no se pudo apreciar con certeza de qué se trataba”.

De contado saíron para o mar, que estaba moi axitado, dúas lanchas dos armadores Ramón López Castiñeira e Balbino López Rodríguez, patroneadas por Tristán López e Alfredo Navarro, e barra afora, observaron que o que aparentaba un barco volcado era unha inmensa mole parecida a unha balea, que estaba morta e que viña hacia a ría; e o que se pensara petición de auxilio, eran gueivotas que se pousaban sobre o lombo e se erguían ó cubrilo o mar.

Cando lles foi posible, suxeitaron un cabo a unha aleta do “monstro”, remolcárono e conseguiron traelo ata o punto da praia chamado Pena do Carbón, onde se barou e atou fortemente. A balea, pois de tal se trataba, medía 20 m. de longo, 10 de circunferencia, 4 e medio a mandíbula inferior e 6 a boca.

“El volumen es tan considerable -dí a crónica- que dentro del vientre caben con toda comodidad dos bueyes grandes. Calcúlase su peso en 30 toneladas y créese que bien aprovechada producirá unos 150 barriles de aceite, aproximándose el valor a unas 8 o 9000 pesetas, si en Foz hubiese medios de utilizarla en su totalidad”.

A afluencia de curiosos a Foz con ocasión deste suceso “del cual no se recuerda precedente en estos mares” foi considerable. De Vilanova, Barreiros, San Miguel, Fazouro, Nois e demais pobos cercanos case non quedou veciño que non fose a Foz. “De Ribadeo y Vivero llegaron también muchísimos automóviles, coches y carritos conduciendo gente y de Mondoñedo han sido muchas las personas que se decidieron ir a Foz” di a información facilitada ó periódico Mondoñedo polo Administrador de Aduanas da vila don Camilo Cela. A importancia da noticia queda contrastada polo seguimento informativo que o xornal fixo durante varias semanas e asimesmo o interese económico derivado do aproveitamento do aceite extraído, así como da venta do esqueleto, por cuxa adquisición se interesaban os Padres Agustinos do Colexio de Tapia.

Ó parecer -se informa- trátase dunha balea macho, non só pola forma ovalada da boca, senon porque carece de mamas, pois xa se sabe que estes animais aínda que o seu medio de existencia é o mar, están calificados entre os mamíferos.

Presentándose algunhas sinais de descomposición -se dí- na tarde do mércores, día 5, utilizando o teléfono de Electra del Masma, pidiuse permiso á Axudantía de Ribadeo, á que xa se informara do achádego, para proceder ó baleirado e limpeza do ventre, operación na que se emplearon vinte homes.

Unha terceira lancha que saíra, aínda que con posteriodade ás dúas primeiras, fora a de Ladislao Veiga, que á hora do reparto dos beneficios reclamaba a súa parte, polo que a punto estivo de entablarse un pleito, feito que diu lugar a que “Un abogado de secano” (así firmaba) publicase un curioso comentario no que facía historia do episodio e con argumentos legais demostraba que o cetáceo pertencía unicamente a quen realizara a aprehensión: é decir, ás dúas que primeiro alcanzaron o botín. O “abogado” remataba así o seu artículo: “Lo triste para Foz, sea cual sea aquella decisión (a dos tribunais de xustiza de Mondoñedo) será que, habiéndose capturado el fisálido en el vecino puerto, venga a soltar la grasa a esta ciudad”. Ó parecer o pensaron mellor e o pleito non seguíu adiante.

Suso Fernández, Cronista Oficial de Foz.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES