Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acordos prácticos

viernes, 18 de octubre de 2019
Os nosos políticos levan algún tempo evidenciando que son incapaces de acadar acordos de gobernabilidade: Representan a discrepancia rebuscada para suplir as carencias de contidos políticos esencialmente diferenciais que definan, xustifiquen e identifiquen o contido ideolóxico dos partidos nos que están integrados. Así pasan o tempo rifando, opoñéndose a canto di o adversario, como se realmente tiveran unha filosofía política fundadamente diferente; por iso, cando gobernan aceptan decisións do goberno anterior dos adversarios, acicalándoas ou acompañándoas dun razoamento, senón ridículo, polo menos loxicamente ineficaz.

Lamentablemente, estas actitudes comportan unha inconsecuencia funcional e unha abstracción dunha liña de “progreso moral da humanidade como desenrolo práctico á marxe dos sistemas teóricos”, como escrebe o Dr. López Casquete, da Universidade de Loyola. E polo que respecta á “inconsecuencia funcional” creo que non se necesitan moitas palabras para demostrar que os políticos con responsabilidades gobernativas empregan máis tempo na exposición das discrepancias teóricas que en aportar solucións contextualizadas e realizables aos problemas que afectan ao país. Esta é, cando menos, unha xeneralizada percepción do pobo.

En canto á actitude que consiste en “abstraer (separar) do progreso moral da humanidade”, creo que debo concederlle unha maior extensión, pola súa importancia, pois se a referente á “inconsecuencia funcional” ten serias consecuencias para o pobo na gobernabilidade do país e arrastra unha imputación de infidelidade representativa, aquela encerra algún espazo de reflexión que os lideres políticos non deberían desaproveitar, sobre todo por dúas razóns fundamentais: Polo seu poder catártico no uso impertinente dos termos PROGRESO, POGRESISTA, á lixeira, e como cebo propagandístico, sobre todo cando se fala dun “goberno progresista”; e polo impulso moral de matiz metodolóxico para acadar acordos entre os líderes dos partidos útiles para o pobo.

Acaso consideran progresista unha mentalidade que sosteña que os desacordos ideolóxicos, intelectuais, NON son necesariamente un obstáculos para acadar acordos prácticos nos procesos políticos?. Se vostedes, os políticos, contestan negativamente, son consecuentes co que nos ofreceron estes meses de goberno en funcións, e evidenciaron a quebra do progresismo; pero se a contestación fose afirmativa, foron inconsecuentes co progresismo, xa que abortaron os acordos. O comportamento de vostedes, en calquera dos casos, ten que levar ao pobo a un escepticismo respecto as súas promesas.

Pois ben; prepárense para recibir ideas de J. Maritain, que xa me imaxino que talvez non sexa santo da devoción de moitos de vostedes, tanto por un costado como polo outro, a pesar de ter sido un paladín da doutrina social e de participar cun éxito indiscutible nos traballos preparatorios da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, dos que di o mencionado Dr. López-Casquete que “o discurso de Maritain defendía firmemente a idea dunha comunidade de pensamento práctico e de conviccións comúns relativas a acción entre homes de culturas distintas e incluso de IDEOLOXÍAS ANTAGONISTAS” (Miña a tradución ao galego e as maiúsculas). E sumen a isto o “consenso por intersección”, de John Rawls, “as teorías sobre as capacidades” de Martha Nussbaum e as achegas de Amartya Sen. Todos/as aceptan e reflexionan sobre a idea fundamental de Maritein, de que UN ACORDO PRÁCTICO ENTRE HOMES CON POSICIÓNS TEÓRICAS OPOSTAS SUPÓN UN GRAN PROGRESO…

Creo pertinente introducir aquí unha breve precisión terminolóxica, porque o uso que se está facendo dalgúns termos no ámbito político non parece o máis adecuado. Refírome á que se enfronta un goberno cualificado de “progresista” a outro cualificado de “conservador”, con unha intencionalidade, polo menos implícita, de adoutrinar ao pobo para que asuma como pertinente a condición dun dinamismo cara ao futuro, expresión máis ou menos suave e disimulada, do primeiro, e un certo inmobilismo, do segundo, de matiz reaccionario, ocultando que un conservador que actúe correctamente ten sempre un compromiso cos todas as dimensións do tempo: Co pasado, para non perder os fundamentos que garanten a aplicación razoable das innovacións dun futuro, previa forxa nos fornos do presente, a diferenza da intervención irreflexiva, e torrencial, de ideólogos auto–denominados “progresistas”, que resulta un paradoxo, porque parte duns principios conxecturais dun pasado no que se evidenciaron fracasados na praxe, e xeran convulsións sociais nos países que se pretenderon aplicar na actualidade, con orientación descontextualizada.

E traio aquí todo isto non para favorecer a ningunha agrupación política, senón por dúas razóns: unha, porque eses modos políticos, comportan dificultades para que se acaden acordos prácticos útiles nos procesos políticos para a sociedade; e outra razón, porque a democracia, da que tanto se fala, se erosiona no seo dunha cultura centrada principalmente na difusión do útil e utilizable para a economía, por unha parte, e dunha política como plataforma para ganar poder e mantelo, por outra, dando respaldo económico ás familias favorecidas na asignación de sinecuras, camiño dun certo nepotismo.

Pero xa que vivimos nun mundo dunha dinámica evolutiva xeradora de PROGRESO, grazas a adecuada selección dos fundamentos CONSERVADOS do pasado, cando APRENDEREMOS A VIVIR – NO – PRESENTE – UNS – COS – OUTROS, e non UNS – CONTRA – OS – OUTROS?!. E…¿cando comprenderán eses neófitos políticos que estamos nunha época na que a RAZÓN DOGMÁTICA está dando paso á CONXECTURAL, e tanto as predicadores conservadores como os progresistas deberían andar con pés de chumbo, pensar con sosego e actuar con precaución?!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES