Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para os nenos, máis doado

miércoles, 06 de febrero de 2008
Os que agora somos maiores, que vivimos tempos máis difíciles, demos en considerar que ós nenos hai que poñerlles as cousas doadas para que disfruten máis da vida e non teñan que sufrir as inconveniencias que nós atopamos.

Falta saber se estamos acertados. Falta saber se temos dereito a alterar tan bruscamente as condicións vitais. Falta saber se poñéndolles ós nenos a vida máis doada estamos dotándoos para o futuro dunha mellor infraestructura da que nos dotaron a nós.

Un universitario pode rematar unha carreira aínda que teña unha asignatura rebelde que non da encaixado na súa papeleta de aprobados. Un alumno de Eso pode suspender tres asignaturas no primeiro curso e pasar a segundo, e volver suspender esas dúas asignaturas en segundo e pasar a terceiro se así o acorda o claustro de profesores do centro. E chegar a graduarse nesa situación, porque ó ser as mesmas asignaturas conta cada dúas como un só suspenso.

Non é que este sensentido sexa exclusivo de Galicia. Porque as locuras adoitan ser contaxiosas. Pero non é extraño que destes bimbios sallan uns cestos que non sexan capaces de conter líquidos nen sólidos. Inconsistentes cestos que nacen inválidos.

Para os nenos, para os rapaces, poñémoslle determinadas cousas demasiado doadas. Non teñen porque agradecérnolo, porque non o facemos polo seu ben senón pola nosa comodidade. Pagaremos as consecuencias.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES