Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Renovar a administración galega

martes, 05 de febrero de 2008
O persoal da Xunta, do Estado en Galicia, e dos Concellos galegos, totaliza arredor de 150.000 persoas, das que algo máis de cen mil corresponden á Xunta, algo máis de trinta mil a Concellos e Deputacións Provinciais, e o resto ó Estado: Militares, policías e gardas civís.

Nada que obxectar ós efectivos, que parece ser que encaixan perfectamente coa nosa realidade, e aínda se quedan pequenos en relación co resto do Estado e con Europa. Pero en Galicia a característica máis importante, o mesmo que a poboación en xeral, é a da idade elevada dentro dos servidores das administracións públicas.

O trinta e cinco por cento dos funcionarios da Xunta e do Estado supera os cincuenta anos de idade e o sete por cento os sesenta. Pero so os policías, gardas civis, militares ou docentes non universitarios poden xubilarse a partir dos sesenta anos con bonificación, ou alomenos sen perder unha parte sustancial dos seus emolumentos como xubilados.

Os sindicatos, especialmente Comisións Obreiras, andan a traballar a prol da xubilación anticipada para renovar unha administración que cada día se require sexa máis dinámica, tendo como punto de mira aqueles traballadores que teñan cotizado alomenos trinta anos á Seguridade Social.

Compaxinar os dereitos dos traballadores coas posibilidades da Administración, propiciando o retiro dos de idades altas e o contrato de novos traballadores é a panacea que a Xunta e a Administración do Estado deben conseguir. De primeiras, parece a cuadratura do círculo, pero vistas as alegrías que nalgunha administración se ven non debe ser tan difícil.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania