Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alicia de Mondoñedo

viernes, 11 de octubre de 2019
Alicia  de Mondoedo Ven de deixarnos Alicia Tella, para todos Alicia de Mondoñedo; Alicita para os mindonienses. Soubemos hai meses da súa enfermidade, contra a que toda a familia loitou con decisión, pero ao final non puido ser e en setembro finou no seu Mondoñedo esta chairega de Pol que, polo seu carácter, traballo e vida, se tiña convertido nunha das primeiras mindonienses dos últimos tempos.

Alicia era -desde sempre- a bibliotecaria de Mondoñedo, aínda despois da xubilación. A biblioteca era unha das súas razóns de vivir –a familia (Juan Puchades, María Jesús e Alicia) era punto e á parte- e sempre tiña algunha novidade, algunha curiosidade, algunha victoria que celebrar. Especialmente alegre aparecia cando traía un novo exemplar da revista Monfadal (da que era alma mater) baixo o brazo.

Alicia era ledicia, vida, empuxe, entusiasmo; ollos luminosos e mans expresivas para apoiar as palabras. Era todo disposición, entusiasmo, agarimo. No seu enterro en Mondoñedo, en comitiva polas rúas do centro da histórica cidade, era impresionante o silencio, a moitedume, o percorrer da comitiva por entre os pazos urbáns da sé bispal.

Na igrexa, en homilía improvisada, o crego Antonio Rúa, dixo de Alicia o que todos quixeramos dicir, o que todos sentíamos, incrementado polo coñecemento da familia desde neno, cando veu estudar a Mondoñedo, e pola relación de moitos anos con esta xente entrañable, que se fai querer, que en Mondoñedo é unha institución.

Que a terra lle sexa leve á amiga que se foi, e que a familia logre, coas innumerables mostras de agarimo, paliar a natural dor pola perda irreparable.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES