Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Trece Rosas

viernes, 11 de octubre de 2019
Andan as augas revoltas e un imaxína que é pola proximidade dunhas eleccións non desexadas adiantadas pola incapacidade dos nosos dirixentes a facer política de verdade. Supoño que os argumentos ideolóxicos a estas alturas da película están esgotados e h aberá que dar por feita a posibilidade de escoitar moitas barbaridades: alguns personaxes xa comezaron a largar disparates. A primeira foi a presidenta da Comunidade de Madrid señora Díaz Ayuso facendo alusión á queima de igrexas no 36 que non viña a conto nunha intervención no parlamento autonómico, mención que causou certo malestar nalgún sector ben pensante do seu propio partido. Creo que o tema se suscitou dentro dos argumentos referidos á exhumación do cadáver de Franco: algúns aínda non caeron na conta que un país democrático non se pode permitir ter o corpo dun dictador nun mausoleo nunha basílica para maior gloria. Sempre tiven a sensación de que a señora Ayuso non daba a talla pero só é a miña apreciación que como tal pode estar errada. A seguinte arroutada tivo como protagonista ao ínclito secretario xeral de “Vox” señor Ortega Smith que sin recato algún e tamén sin que o tema estivese no contexto da entrevista que lle estaban a facer na televisión pública, aludiu a esas trece rapazas que foron fusiladas o día 5 de agosto de 1939 (catro meses despois de rematada a guerra) dicindo que eran asasinas que torturaban e violaban (sic) nas checas... e quedouse tan repoludo. O señor Ortega non percibiu que a cidadanía xa non vive na estulticia permanente e que facer unha revisión tan burda da história xa non da resultado. As “Trece rosas” foron fusiladas baixo a acusación xenérica de “adhesión á rebelión” que era un caixón de sastre no que entraron tantas e tantas víctimas da represión. Nen na propia documentación extraída do réxime franquista, nen nas actas da pantomima de xuízo ao que foron sometidas aquelas trece rapazas, nen na Causa Xeral no Arquivo Histórico, hai ningunha alusión á falacia que sen vergoña o señor Ortega Smith lanzou aos catro ventos desde a canle pública da televisón. O menos que podía facer este señor é probar o que di pero todo apunta a que non pode, e si isto é así a súa intervención pódese cualificar de miserable. Despois de oitenta anos daquela barbárie, así é como algúns pretenden enganar reescribindo a história que mellor encaixe nos seus propios intereses. O peor de todo é que aínda seguiremos escoitanto sofismas deste estilo. Ao tempo.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania