Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A bosta e o zapato

viernes, 11 de octubre de 2019
Malia ese aspecto pretendidamente desaliñado que porta sempre nas súas aparicións públicas, vostede sabe coma min que por debaixo dese pelo cano alborotado, na percha do exparlamentario nacionalista Xosé Manuel Beiras viaxa a cotío unha estudada elegancia -unha cousa non substitúe a outra- protoburguesa alternativa que o ten identificado como marca propia, cousa da que se non se vanagloria con palabras, si que semella facelo presumindo dela cos seus propios acenos.

E é que Beiras, para o bo e para o malo, é así, dirán del estes días aquelas persoas que levan décadas deixándose fascinar polas súas treboadas expresivas na modulación verbal, polas súas estridencias comunicativas e polas súas análises algunhas veces brillantes pero sempre radicais, a veces histriónicas e outras puramente alternativas.

Esas mesmas persoas que o ven -que o viron- coma un "mesías" laico e que crían -que creron- que era a única persoa que sabía como solucionar dende as institucións "o atraso económico de Galicia", pero nunca o viron gobernar, nin sequera o seu propio municipio.

Esas persoas que gozaron con el cando o vía afiar a lingua nunha roda de Ramuín para facer sangue do movemento pendular de Fraga Iribarne e que logo caeron na decepción cando comprobaron que se sentaba con el á mesa nun restaurante de Compostela. Esas que saltaron coma un resorte cando sacou o zapato (impoluto e de tafilete, seguro) no Parlamento e fixo tremer as estructuras todas de San Caetano emulando ó Soviet supremo. As mesmas que logo lle viron o seus gustos refinadamente burgueses nalgún programa de televisión presumindo de pazo señorial e piano de cola, non sei que pensarán hoxe estes días, logo de ter lido literalmente isto: "Vin a dous merdentos xuntos en La Toja, un tal González e outro tal Mariano..."

Sinceramente, non sei a elas que lle ten pasado pola cabeza, pero a min podo asegurarlle que unha profunda vergoña allea, porque non hai cousa peor -sobre todo cando un xa vai tendo unha certa idade- ca mexar fóra da taza adrede co único fin de lixar o retrete e sabendo que alguén o ten que limpar para evitar que o próximo usuario esvare no líquido desparramado.

Nunca me gustou o Beiras do zapato, nin o do puñetazo na mesa de Alberto Núñez, porque as formas son tan importantes ou máis có fondo, algunhas veces, na relación política.

E menos me gusta agora ese vello revoltado que bota bosta pola boca, pensando que a idea pode ser quen de remover aínda as conciencias dos catro parroquianos que lle seguen rindo as gracias mentres el se entretén co piano na súa burguesa fortaleza.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES