Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que mundo estamos construíndo?

jueves, 10 de octubre de 2019
A min non me cabe ningunha dúbida de que cada xeración é froito das anteriores.
Ó longo da historia de humanidade fomos evolucionando ata o momento presente.
A evolución é algo moi lento pero moi seguro: unhas veces avánzase máis que outras.
Por eso hai etapas de esplendor e máis etapas escuras en tódalas ramas de ciencia e da vida mesma.

A miña pregunta é:
¿TEMOS CONCIENCIA DE QUE TODOS SOMOS AXENTES ACTIVOS NA CONSTRUCCIÓN DO MUNDO?

Pode que haxa quen pense que ese labor tócalle ós gobernantes, ás persoas das altas esferas, ás autoridades eclesiáticas, etc…
Certamente que estes colectivos teñen moito que facer; pero…

¿De que me vale ter un bo goberno da nación se eu boto a perder a miña vida familiar e persoal?

¿Quen vai vir amañar a vida da miña casa se non a amaño eu?

A verdade é que ten moita importancia ter bos gobernantes.
Eso ninguén o pon en dúbida.
Neste momento da nosa historia sabémolo todos por propia experiencia.

Pero cada persoa ten un posto neste mundo:
Un puzle moi complexo no que cada persoa é unha peza fundamental para que encaixe no “todo”.

Hoxe en día estamos algo desorientados, me parece a min:
-A MAIORÍA DAS PARELLAS XA NON SE CASAN POR SE ACASO ALGO FALLA O DÍA MENOS PENSADO.
Ni siquiera teñen ilusión de que todo vaia saír ben en plena xuventude…
¡Unha mágoa!

TAMPOUCO TEÑEN NENOS; e cando se deciden a telos; moitas veces xa non están en condicións.
Cando vemos nenos á saída do colexio nas ciudades; observamos que os proxenitores son maiores.

BOA PARTE DA XENTE NOVA, HOXE EN DÍA, NON ARRISCA.
Se nos arriscaran as xeracións anteriores; moitos de nós non estaríamos aquí.

TAMPOUCO QUEREN LEGALIZA-LA SITUACIÓN e, cando deciden legalizala, é porque hai criaturas por medio.
Din que non fan falta papeis; pero cando fan unha compra, ben que esixen o correspondente documento..
POUCOS SON OS QUE PASAN POLA VICARÍA.
POUCOS SON OS QUE CREN NO SACRAMENTO DO MATRIMONIO.
Algúns din que eso, hoxe en día: non está de moda.

¿Por qué será?
Na maioría dos casos porque rexeitaron unha formación relixiosa sólida.
Noutros, posiblemente, porque o ambiente está moi “enrarecido”

Afortunadamente aínda queda unha parte de xoves que optan pola vida matrimonial de toda a vida e en toda regra.
Coincide cos que recibiron formación relixiosa e ven o exemplo na casa.

Con todo o labirinto no que nos atopamos:
-DÁ GUSTO VER QUE A XUVENTUDE SE PREPARA PARA UNHA VIDA EN COMÚN.

-DÁ GUSTO VER QUE AÍNDA QUEDAN RAPACES CON BOA SAÚDE PSÍQUICA E ESPIRITUAL, CON XENEROSIDADE E ENTREGA MUTUAS, QUE QUEREN FUNDAR UNHA FAMILIA POR ANOS DE VIDA.

¡Qué bonito!
¡Que bonito ver unha parella unida polos vínculos do amor rodeada dos seus retoños!
Este tipo de rapacería é a que lle dá estabilidade á sociedade.
Trátase de persoas serias.

TAMPOUCO PODEMOS XULGAR Á RAPACERÍA QUE OPTA POR OUTRAS FÓRMULAS: SE LLES FUNCIONA…
O malo do caso é que a vida presenta momentos duros nos que resulta moi difícil perdoarse mutuamente e conserva-la serenidade e o equilibrio para seguir tirando para adiante.

Somos os adultos os que temos que crear un ambiente no que a xente nova encontre a “seguridade” necesaria para construir ese mundo que desexamos todos.

As nosas autoridades tamén deberían ter máis sentidiño para crear estabilidade social.

Din os entendidos que :
“Estamos pasando por unha etapa moi incerta”.

Pero… -como despois do temporal, vén a calma- esperamos tempos de máis estabilidade
Empezaremos pola estabilidade moral e despois virá o resto.

Recupera-los valores universais de convivencia é unha necesidade porque :
Son moitas máis as cousas que nos unen que a diferenzas que hai entre nós.
Unidos camiñaremos na mesma dirección.
Será a mellor maneira de construir un mundo habitable no que todos poidamos realizarnos como persoas de ben.

Para eso, precisamos líderes.

“NECESITAMOS LÍDERES”
Este será o título do seguinte artigo.

Por hoxe: dá-las grazas a tódalas familias que se manteñen unidas; porque a familia é a unidade fundamental de convivencia.
E tamén darlle as grazas a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES