Consideracións finais
O proceso de elaboración do liño viña durando un ano aproximadamente. Neste tempo, como fumos vendo ao longo dámbolos dous artigos, había traballos comunais nos que

participaban algúns veciños da comunidade parroquial ou os máis próximos á casa, onde se levaba a cabo a tarefa. Isto estaba en función do liño sementado e recollido. Esta cooperación, reflectida tamén noutras labores, como as segas, mallas, colleitas das patacas
tiña un claro fundamento na reciprocidade. Isto motivaba que o veciño, ao que se lle ofrecía a axuda, quedaba obrigado a participar nos traballos daqueles, que foran no seu favor. Vecindad, solidaridad, ecología, trabajos, ayuda mutua, diversión, complementariedad de sexos, comensalidad, son elementos que están canalizados, sujetos a controles, normas, espacios y tiempos por los rasgos propios que los aglutinan. Hay una ritualización. (1).
No intre actual o cultivo e transformación deste cereal únicamente está patente nalgunhas asociacións veciñais, que tentan recuperar o proceso para dalo a coñecer ás xeracións máis novas para que coñezan de primeira man algunhas labores do pasado e ao mesmo tempo para que comprendan como os elementos identitarios dunha comunidade se construen nun pasado e vanse dinamizando de cara ao futuro.
Unha destas asociacións é a que nos ocupa, que da a coñecer a Cultura popular do liño por diferentes concellos e comunidades de Galicia, aproveitando feiras, festas e outros eventos.
NOTAS:
1. LISÓN TOLOSANA, Carmelo.: Antropología Cultura de Galicia, Madrid: Siglo XXI, 1971, páx. 138.
BIBLIOGRAFÍA:
Equipo Ir Indo (Varios).: Galicia en Comarcas, Vigo: Ir Indo, 2005.
FERNÁNDEZ OTERO, Miriam.: As mulleres de Insua e o liño. Dez anos dun proxecto de recuperación etnográfica. I.E.S.CHA, Vilalba (Lugo), 2019.
GAGO ÁLVAREZ, Castor.: El lino textil: una alternartiva para Galicia, Informe, Verín, 1987.
GIL DE BERNABÉ, Xosé Manuel.: Galicia Artesana, León: Ed. Everest, 1987.
GIL DE BERNABÉ, Xosé Manuel.: Guía de la Artesanía de Galicia, Madrid: Ministerio de Industria, 1984.
GIL DE BERNABÉ, Xosé Manuel.: O Liño, Vigo: Ir Indo, 1992
LISÓN TOLOSANA, Carmelo.: Antropología cultural de Galicia, Madrid: Siglo XXI, 1971.
LÓPEZ GÓMEZ, Felipe Senén.: Arte popular en Galicia, Madrid: Ed. Silex, 1982.
LÓPEZ PÉREZ, Ana Belén.: O Liño e as Foliadas no Concello de Vilalba, Lugo: Deputación Provincial, 1993.
LORENZO, Xaquín.: Os Oficios, Vigo: Galaxia, 1983.
MANDIANES CASTRO, M.: O Fiadeiro na Limia Alta, Grial, Ourense, 1985.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Antropoloxía de Galicia, Vigo: Xerais, 2000.
RODRÍGUEZ CALVIÑO, Manuel e SÁENZ-CHAS DÍAZ, Mª Belén.: Traballos de axuda mutua e relacións sociais: O lino no Val de Vea (A Estrada, Pontevedra), en Encontros coa Etnografía, Edt, Toxoutos, Noia (A Coruña), 2005.
SAAVEDRA, Pegerto.: Voz. Lino, G.E.G., t. XIX, Santiago, 1984.
SIXIREI PAREDES, Carlos.: San Cristobo de Xavestre. Chequeo a unha comunidade rural, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1982.
VEIGA DE OLIVEIRA, E; GALLANO, F.; PEREIRA, B. : Tecnología Tradicional Portuguesa / O linho, Lisboa: Etnologia 1, 1978.