Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (9)

jueves, 10 de octubre de 2019
Informacións de fiadeiras de Parada de Outeiro. Limia. Ourense.

“Lévase a urdime á parte traseira do tear, pasase cara a parte dianteira; colocase na barra; distribuense “os cadillos” nos restrelos; lévase e átase a barra ao pregador traseiro, chega o delicado momento de enrolar a urdime, labor para o que se precisan catro persoas: dúas pra dar voltas ao pregador; outra que con moita destreza guía o restrelo; e unha cuarta persona que tirará con forza da urdime para asi lograr que os fíos se enrolen con igual tensión. Colócase a cruz que separa “fío a fío”. Traense os lizos ao tear. Polas súas mallas pasase cada fío nunha orde determinada segundo o tecido que se deséese obter. Fanse pasar polo peite. Colocase o peite no batán. Átase á urdime a barra dianteira e chega o momento de tecer. Esta é a lanzadeira coa súa canela de fío, que pasada tras pasada será a encargada de ir entrecruzando a trama coa urdime” (1).

Informacións de fiadeiras de S. Bartolomé de Insua. Vilalba. Lugo.

“Ao sacar a mea da urdideira traemola pra o tear. Entonces metémola aí e poñemonos a embeñar; metémola nos lizos e logo no peite; tensámola ben; atámola aquí e ahora só A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (9)nos queda tecer coa lanzadeira”.

“O tear é onde confeccionamos a tea pra facer as prendas. E componse dun tensor, que é o que tensa a urdimbre despois de habela metido mais de haber embeñado; despois a urdimbre que baixa hasta os lizos, pasa polas mallas dos lizos. O lizo son dúas varas donde van metidas precisamente cada malla desas. Os lizos van colocados nesas poleas que despois ao mover os pedales sube un e baixa outro, que é a forma de cruzar os fíos pra despois suxeitar a trama. Despois dos lizos pasa ao peite que está colocado no que lle chaman o batán que ese ao movelo según se pasa a lanzadeira tirase por el pra tensar o fío da trama e logo despois ao cambiar de pedal volvese a tirar dúas veces forte para suxeitar a trama e asi e a maneira de ir facendo a tela. Despois soltamos de aquí con esta cuña e tiramos dela e vamos correndo a urdimbre pa aló; pa aló despois según a tela se vai facendo vaise enrolando no outro tensor que hai alí. Ao acabar teremos que soltar esta cuña pa afloxar e xca sacaremos a tea por ahí” (2).

Mentres a tecedeira está co labor vai enrolando o lenzo no “orgo de pano” e procura afreouxar o fío no “orgo do liño”. Asi mesmo é mester ter estirada a tea polo flancos por medio do “trombollo”, deixando firme o outro exrtremo do orgo a un dos pés do tear. Ao finalizar, o liño que se encontra no “orgo” liberase do “compostoiro”, ficando o fío asegurado polas canas da cruz, e deste xeito seguese a tarefa de tecer ata que aqueles alcanza oa lizos, momento no se se saca o lenzo do orgo, e conclue o labor. Finalmente, como o ancho das colchas, mantas e outros tecidos está supeditado ás medidas A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (9)reducidas dos teares, que permiten normalmente uns 80 cm. de tecido, a tecedeira debe coser dúas ou tres pezas ao longo das mesmas para acadar a dimensión desexada.
“Cómpre ter en conta que como o tear común non da o ancho que necesitan as sábanas, colchas, mantas… soían tecerse en varias pezas, que a continuación se cosían polos lados“ (3).

Nai e filla caben nunha camisa,
nora e sogra non caben na tea toda.

Neste instrumento elaboranse colchas, mantas, sabas… As colchas, tanto as brancas como as de cores, están confeccionadas de liño, algodón e lá. Adoitaban levar frecos para o seu remate. Estes, elaborabanse co mesmo fío da colcha, desfacendoos ao seu arredor agás na cabeceira; logo tecíanse os fío a man. Tamén facianse nun trebello, que asemellaba a un pequeño tear, no que poñían os fíos e facíase o freco; a continuación cosíase na colcha. As mantas podían realizarse con lá ou liño; as máis económicas recibían o nome de “farrapeiras”, xa que a trama estaba composta de tiras de roupa vella. As sabas ao ser suaves, realizabanse de cerro, e adoitaban bordarse coas iniciais da dona da casa ou da moza que ía a casar. “As veces facíanse de estopa mais neste caso rascaban”(4). “ Do tear, sae todo o necesario na casa; así as cortinas e os panos do leito ordinario son de estopa selecta, mentres que o liño fino e para roupa de baixo e lencería” (5).

NOTAS:
1. Montenegro, Victoria.: O Liño. Video de “Youtube”. Parada de Outeiro. Limia (Ourense).
2. Cabreiros (Xermade). Asociación de Veciños. Video Youtube. “O Lino, arte e cultura”. Fiadeiras de San Bartolomé de Insua.
3. Lorenzo, Xaquín.: Os Oficios, Vigo: Galaxia, 1983, páx. 262.
4. López Pérez, Ana Belén.: O Liño e as Foliadas no Concello de Vilalba, Lugo: Deputación Provincial, 1993, páx. 27.
5. Gil de Bernabé, Xosé Manuel.: O Liño, Vigo: Ir Indo, 1992, páx. 98.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES