Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O anel de prata

viernes, 01 de febrero de 2008
Estabamos no estudio dándolle unhas voltas ós verbos da segunda conxugación cando alguén entrou e dixo “D. Manuel, ya tenemos obispo”. Aquelo, a simple vista, para uns púberes coma eramos nós, non nos dicía moito, ¿sería bo? ou ¿sería malo? Polos caras dos formadores aquelo podía ter unha dobre lectura: eles estaban contentos, pero claro, ás veces a súa ledicia non coincidía coa nosa, así que ¿qué pensar?. Eu nunca vira un bispo, só os coñecía de oído, ben, tamén de vista. Os corredores do Seminario estaban cheos de cadros do pasado, ¡pero claro!, aqueles retratos a un rapaz de 11 anos, como era eu, dar dábanme un pouco de medo, hoxe confésoo publicamente. Vostedes póñanse no meu caso, uns cadros enormes e uns señores con cara como de ... importantes, era inevitable que eu me fixera unha idea de bispo como se midira polo menos dous metros por dou metros. Por iso lles digo que cando escoitei aquelas palabras de “...ya tenemos obispo” eu, a verdade, imaxineino colgado nunha parede do corredor, dentro dun marco dourado e cun anel grandísimo nun dos dedos. A cousa quedou aí porque en canto se acabou o estudio saímos pitando para o patio, e o partido de fútbol cos de 7º fixo que non nos acordaramos máis de se tiñamos bispo, deán ou cura de Meilán.
A semana transcorreu relativamente normal, ben José María rompeu un brazo contra un canastra de balocesto, que non xogando ó balocesto, pero polo demais... sen novidades a bordo. Lembro que no estudio do venres á tarde díxosenos que ó día seguinte ía vir o bispo a coñecer o seminario, así que se podía ser que puxeramos zapatos e non foramos cos mesmos tenis sucios de tódolos días. Créanme aquela noite durmín soñando cun cadro que chegaba ata as nubes e dentro un anel enorme que me cegaba ó mirar para el. Ó sábado pola tarde preparámonos, peiteamos e puxémo-los zapatos e alá nos fomos ó salón de actos do Mayor, ¡había expectación, si, moita expectación! O que alí aconteceu, teño que ser sincero, pero non o lembro. Sei que cando entrou polo corredor do medio alguén dixo: ¡qué novo! E acórdome que cando comezou a falar tiña unha voz que impresionaba, pero quitado o da voz, eu para serlles sicero, volvín para o Menor bastante desilusionado: levaba un anel moi pequeño e pareceume que non brillaba case nada ¿sería o bispo de verdade?.

Ansemil 3-II-2005
Ansemil, Xosé Luis
Ansemil, Xosé Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES