Este ano, o AGADIC acaba de subvencionar O auto das ánimas, unha longametraxe que desenvolve a súa ambientación no mundo dos augardenteiros itinerantes en Galicia.
O auto das ánimas é unha longametraxe de carácter documental producido por Diana Toucedo films. O autor de proxecto, Pablo Lago Dantas, somérxenos no misticismo e a maxia do mundo dun dos últimos augardenteiros itinerantes que quedan en Galicia.
O filme segue a estancia en diferentes localidades das rías baixas dun dos últimos míticos augardenteiros de tradición secular da zona de Monforte de Lemos.

A socialización veciñal que envolve as adegas deste augardenteiro nas diferentes casas dos veciños, remóntanos a unha época onde as relacións humanas impoñíanse ás mercantilistas. Por medio de esta ambientación, o autor reflexiona sobre o choque xeracional que supón a forma de vida dos seus pais e avós con respecto á súa propia, intentando superar estas diferencias a través dunha serie de cuestións de identidade.
A longametraxe filmarase na próxima época de elaboración da augardente, entre os meses de outubro e novembro, e as súas localizacións principais serán en Redondela, Arcade e Vilanova de Arousa. Con este proxecto, Pablo Lago estréase no campo da dirección, despois de desenvolver unha longa carreira en Barcelona como director de fotografía.