Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cine e asesores

lunes, 07 de octubre de 2019
O gran acontecemento semanal da nosa provincia foi sen ningunha dúbida a 24 edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, o cal, e aínda sen datos Cine e asesoresdefinitivos, penso eu que foi todo un éxito, polo menos na calidade dos filmes. Levo moitos anos cubrindo informativamente o festival e nunca me pasara o de chegar á asistencia dunha película e atoparme co letreiro de “esgotadas as entradas”. Este año semella que onde máis se puxo ese rótulo foi coa película galega “O que arde”. Pero o cheo nas salas alcanzou tamén a outras películas, incluso estranxeiras. Creo que definitivamente aquí empeza o auténtico impulso a este acontecemento cinematográfico que, para o ano que vén, cumprirá xa 25 anos de existencia. Un cuarto de século, que non é cousa de rir. Ou o que é o mesmo, vodas de prata.

Se agora retomo o vieiro de analizar ou comentar outras novas semanais, atópome con que o alcalde de Ourense recoñece que se gastará un diñeiral en contratar asesores, pero que merecerá a pena. Claro, como non vai merecer a pena! Para os asesores seguro que si! Non obstante, o que non me cadra ben é o significado de asesores: quere dicir que os que están de concelleiros non teñen nin idea? Un asesor ou dous ou tres, como moito, vale; pero unha morea deles dá a entender que os que están aí están por Cine e asesoresestar. Non sigo co asunto, a ver se me ameazan por sacar estas multas, digo, estas cousas na prensa. Por certo, non fai falta mirar para Venezuela, por exemplo, cando temos a algúns ben cerca que pensan que todo o mar é peixe, que todo son fanecas.

Ultradereitas boicotean o pase da película “Mentres dure a guerra”, de Alejandro Amenábar. Pobres infelices, están a facerlle un favor á película: canto máis se fale dela, máis xente vai a vela. Non saben que o peor insulto é a ignorancia. Lembro cando estrearan “A derradeira tentación de Cristo”, de Martin Scorsese, que, a base de rezos ante as portas dos cines, a recadación foille vento en popa a unha película que non é das mellores dese xenio cinematográfico. Pero somos tan inocentiños, inocentiños...

Epílogo: nas eleccións do 10 de novembro arderán as igrexas, digo, as urnas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES