Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ducem nostrum Franciscum

viernes, 04 de octubre de 2019
Hai uns días, “A Primeira” ofreceu un “Especial Franco” máis formativo ca informativo, que se non era propaganda electoral é porque non comezou a campaña. Véndoo cunha neta de oito anos, que xa estivo no Valle de los Caídos, preguntoume que fixera este señor que, lembremos, respondía só diante de Deus e da historia.

A historia camiña por vieiros pouco claros, e o xuizo popular de Franco segue aberto, con millóns de testemuñas, sen que a Xustiza entre no fondo do asunto pola imposibilidade de aplicar calquera sentencia.

Eu tiña 28 anos cando morreu, e vai facer deso 44. Neses meus primeiros 28 anos da miña vida, Franco estaba na escala política, relixiosa e social, inmediatamente despois de deus e antes ca a familia…Nas misas en latín, pregábase polo Papa, polo Bispo e por “ducem nostrum Franciscum”, misa tras misa, ano tras ano. Nos 44 anos que seguiron, fóronsenos abrindo os ollos ao acontecido e asumimos o horror dun pasado descoñecido, do que moitos non querían saber.

Cando a miña neta me preguntou por Franco saín do apuro dicíndolle que fora un señor que para gobernar fixera unha guerra na que morrera moita xente, consciente de estar resumindo demasiado, facendo o mesmo que pretendían facer comigo desde a televisión, que nin eu estaba preparado para explicalo nin ela para entendelo… que o xuizo televisivo e quitar a Franco de onde está non soluciona nada, que facer disto unha cuestión de estado parece querer que nos centremos no tema e non noutros graves que nos aqueixan. Quitar ao “Duce” do seu pazo póstumo pode estar moi ben se, enterrado de vez, nos poñemos en serio a amañar o país.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES