Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aporofobia. El rechazo del pobre

viernes, 11 de octubre de 2019
Un libro de Adela Cortina.

En Colombia chámanlles “desechables”. Xente que sobra, que non produce, que non consume, que depende dos servizos sociais.

O actual sistema económico, ao servizo dunha minoría privilexiada que tenta e consegue vivir no seu mundo estanco, compórtase con eles dun xeito desapiadado: unha picadora de carne humana. Se poideran, preguntarían para que serve unha economía que non axuda a toda a familia humana.

E molestan. Velaí o éxodo bíblico de inmigrantes expulsados pola economía, a pobreza, o clima, as guerras, fuxindo dos non-países, estados fallidos onde convén que existan estados fallidos.

Ao fin, pobres. En grego áporos. De aí aporofobia. Rexeitamento do outro, e non pola categoría de estranxeiros, pola relixión ou a cor da pel. Están marcados por un sinal indeleble, polo indisimulable olor da pobreza. Resulta rechamante este rexeitamento no país que cada ano bate marcas de turistas. Molestan, claro, os que veñen sen cartos, refuxiados e inmigrantes pobres.

Sobre este fenómeno reflexiona a profesora Adela Cortina. Para superar o rexeitamento do pobre propón a receita lenta pero eficaz da educación. E apostar decididamente pola loita contra as crecentes desigualdades económicas, nai e pai de todas as pobrezas. E propón unha democracia sen valados, capaz de crear lazos.

Trátase de educar para respectar a dignidade das persoas, algo que recolle esa Constitución mundial que é a Declaración dos Dereitos Humanos.

A crise, o excesivo Trump, o inquietante goberno húngaro ou o moi perigoso goberno polaco tan cerca dos euros e tan lonxe dos valores europeos, aquel brutal Salvini, o ascenso da xenofobia, os movementos ultras nos países ricos, tamén no noso, son ingredientes onde coce o caldo tóxico deste rexeitamento.

A aporofobia aniña en nós. Non hai que ir moi lonxe para descubrir o racismo, a xenofobia, o machismo, a aporofobia: abonda con mirar no espello dos adentros. E non hai outra vacina que a ferramenta crítica e autocrítica da educación e da reflexión.

“Aporofobia. El rechazo del pobre”. De Adela Cortina, filósofa, unha profesión perigosa porque obriga a pensar. Imprescindible.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES