Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benquerido Paco

jueves, 03 de octubre de 2019
Póñome a escribirche estas letras compartidas, mentres unha nena de 16 anos dis que anda liderando por acá e por acolá a loita mundial contra o cambio climático, ó mesmo tempo que outro da mesma idade ten revolucionado ó Nou Camp polo desparpajo co que se enfronta á defensa rival e apunta cara a portería contraria sen o máis mínimo medo a fracasar.

Escríboche, logo de ter visto como por un ministerio de nada, unha moza que practicamente tan só os dobra en idade estivo a piques de ter tido a oportunidade de ser vicepresidenta do Goberno estatal.

En fin, decido compartir estas liñas abertas contigo, non sen deixar de ter asistido por activa e por pasiva como televidente serodio a incontables roldas de prensa e intervencións de representantes de tódalas formacións políticas -novas e vellas- que en multitude de casos malamente teñen idade para conducir un coche ou para remataren un master e xa non digamos un doutorado na súa área de formación.

Permíteme facer esta comparación -que por outra banda descoñezo se compartes ou non- logo de ter lido nantronte como despois da túa voluntaria paréntese no campo que tan ben coñeces como é o municipal, tes decidido volver ó estrado público e presentarte como candidato da túa formación ó Congreso dos Deputados.

Denantes de nada déixame que che dea a miña máis sincera noraboa pola túa predisposición a levar algo de sentidiño a ese emporcado galiñeiro sen control no que se ten convertido o hemiciclo da Carreira de San Jerónimo, e de paso colocar a túa poderosa voz radiofónica e envolver cun pouco de cordura ata onde sexas quen de facelo, tanto sen sentido coma o que día si e día tamén se representa naquel patio de butacas enxordecedor.

É certo que para que poidas facer todo isto que indico naquel mareante semicírculo, primeiro tes que conseguir os votos precisos, que arestora non sei cantos son. Polo de pronto sei que ó longo do que queda ata o próximo 10 de novembro vas ser quen de ofrecerme unha manchea de razóns para o meu axude a verte alí, malia que sexan ben sensibles as diferencias de criterio -non tanto de fondo, como de forma- que sobre o presente e o futuro da nosa matria manteño dende hai anos coa túa formación.

Ogallá me deas -nos deas- suficientes argumentos e razóns para que poidas conseguilo, pois. O 10 de novembro saberemos se así foi.

Porque, de for, veremos en ti un exemplo cabal de como debería estar maioritariamente poboado o hemiciclo onde se engraxa a maquinaria lexislativa do Estado e se manipula o brazo executor do control do goberno, e non unha gardería post-universitaria, onde o que máis sabe da vida é aquel -ou aquela- que un bo día espertou dunha resaca e decatouse de que non estaba no cuarto da casa, senón nun piso alugado noutra urbanización.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES