Que xeito é ese?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 03 de octubre de 2019
Xa temos en marcha o curso escolar 2019-20.
A unhas criaturas cóstalles máis adaptarse ó novo ritmo de vida que a outras.
Xa se sabe: todos somos diferentes.
Somos diferentes en moitos aspectos; un deles é o factor educaivo das familias.
Ninguén pon en dúbida que as familias teñen un peso moi importante na eduación da infancia.
Existen familias modélicas que levan a educación dos seus fillos como algo prioritario: seguen puntualmente os seus pasos e vanlles marcando o camiño sen permitir deslices.
Tamén en tempo de vacacións escolares seguen unhas pautas de conducta para que as criaturas sexan felices sen perder os bos hábitos: mantendo os horarios de descanso, facendo actividades lúdicas educativas, controlando as compañías, dedicándolles tempo
PORQUE SON CONSCIENTES QUE NO TOCANTE Á EDUCACIÓN DOS FILLOS: NON SE PODEN COLLER VACACIÓNS.
Esas familias destacan por onde queira que vaian: na escola, na igrexa, na rúa e na sociedade en xeral.
As estadísticas din que as persoas descendentes deste tipo de familias son correctas no trato, aplicadas nos estudios, e chegan a ocupar postos de responsabilidade na sociedade
Son unha bendición para elas mesmas, para os demais e para o avance dun país.
Xeralmente son familias numerosas, aínda que tamén as hai que non o son.
Esas criaturiñas son a admiración de moitas persoas.
Non hai moito tempo estaba eu nunha igrexa esperando que empezara a Misa.
Entrou a continuación un matrimonio xove con seis ou sete fillos:
-A maior non chegaba ós dez anos.
-O máis pequecho: un bebé de poucos meses.
Os maiores sentáronse no primeiro banco.
Seguiron a Misa contestando correctamente en todo momento.
No segundo banco estaba o xove papá de trinta e poucos anos cos máis pequenos que gardaban silencio absoluto e observaban ós maiores.
O pai tiña no colo a un dun aniño que xogaba co reloxio que levaba o seu papá na muñeca, ó tempo que miraba ó seu proxenitor cunha tenrura indescriptible de vez en cando.
Cerca da porta da igrexa estaba a mamá co benxamín dormido plácidamente.
Unha avoa que estaba ó meu carón dicíame ó remate da Misa:
-¿Cómo o fan?
Se fora a miña neta de catro anos non pararía quieta nin un segundo.
-¿Cómo pode ser que esas criaturas teñen un comportamento tan correcto?
Respondinlle:
A EDUCACIÓN QUE RECIBEN DESDE QUE NACEN
Certamente: a educación que recibimos fai que o noso comportamento sexa dunha determinada maneira.
Tamén existe outro tipo de familias que non saben educar como o fai a anterior porque non saben tomar a medidas necesarias desde o primeiro momento.
Parece raro, pero é verídico.
Son familias que gastan canto teñen para que os seus nenos:
-Teñan cantas máis cousas mellor.
-Poñen ó seu alcance todo tipo de información aínda que non estea indicada para a súa idade.
-Queren que estean á última
(No que non deben, claro
)
Casos así, tamén se dan.
A min cáeme a alma ó chan cando vexo:
-Nenos de seis anos en moto (de verdade) pola vía pública.
-Outros que con cinco anos xa van conducindo o coche co seu papá ó lado.
-Outros que pasan o día enganchados ás maquiniitas en vez de xogar ó aire libre, ler, estudiar
-Outros, de tenra idade, que non deixan o móbil nin para dormir.
-Outros que conviven co adulterio dos seus proxenitores.
-Outros que non ceden o asento no autobús a persoas anciás con mobilidade reducida
-Outros
¿QUÉ FUTURO ESTAMOS CONSTRUÍNDO?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a tantas e tantas familias que teñen como prioridade educar correctamente ós seus fillos.
E moitas grazasa vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora