Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cumpreanos no Balneario

viernes, 01 de febrero de 2008
O Balneario de Guitiriz celebra este ano o centenario da apertura do seu primitivo hotel, erguido a carón da Fonte de San Xoán, un dos mananciais de augas medicinais, que enriquecen o chan deste concello: a Fonte de Santo Domingos en Pardiñas, a de Valdovín en Parga, etc... Si estas augas xa eran remedio para a saúde, dende sempre, o dotalas dunhas dependencias próximas, coma os hoteis, que axudasen a recalar nelas, aos auguístas e forasteiros, foi un fito, de finais do XIX. Pero, dende o século XVIII, este espazo prodixioso, non facía máis que medrar, aínda que tamén sufriu épocas de declive. A remates dese século, o seu potencial salutífero, xa era considerado de relevancia polos médicos de Galiza. Non é estraño, que se procurase axiña erguer algún establecemento de hospedaxe, que canalizase mellor este tratamento, que debe alternar as tomas das augas co descanso nun lugar reconfortante para o corpo e para o espírito. Sería no 1912, cando as súas instalacións coñecerían un pulo considerábel, e dende aquela non faría máis ca incrementarse a súa sona, en toda Europa. A balneoterapia coma podemos percibir na literatura, no cine..., tivo a súa época dourada no século pasado, tamén en Guitiriz, ata que pechou no 1972. Seguíronse servindo as augas minerais, dentro da filosofía de que todas e todos temos dereito a saúde, tamén con estes remedios.

As reformas recentes, converteron o Balneario, o hotel, o club de golf, máis de 50 hectáreas de xardíns, boscos..., nun recanto máxico, rachando os tópicos de que estes centros son só para a terceira idade, a balneoterapia está a prender nos máis novos, cada vez máis amigos da natureza e dos medios preventivos. A cura termal é un antídoto contra o estres de hoxe, por iso todos poden beneficiarse dela, e urxe a súa xeneralización no réxime sanitario. Matinamos que tamén a Seguridade Social debía cubrir este tipo de medicina, como adoitan facer outros estados europeos. Hoxe o Balneario de Guitiriz conta coas técnicas terapéuticas máis avanzadas. Coa súa rehabilitación a comezos do s.XXI, está na primeira liña. E somos optimistas de que o apoxeo actual das fontes termais, vai repercutir mesmo na economía da vila balnearia da Terra Chá, provocando a creación doutras instalacións hoteleiras na zona. Todo isto vén reforzado, pola sensibilidade cada vez máis acentuada, de disfrutar dos bens naturais desta comarca. O patrimonio artístico e literario, a gastronomía, a artesanía, as rotas de sendeirismo..., axudan a atoparnos mellor, e a crear esa harmonía que necesitamos cada vez máis, coma o aire que respiramos. Hoxe, a medicina loita por previr as enfermidades, promovendo unhas relacións de equilibrio entre a persoa e o medio, que principian polo coñecemento dos recursos do contorno, que van abrindo os devezos de máis vida, e polo tanto de saúde dos individuos, enxertándonos no noso ambiente. Cómpre coidar, toda a zona do balneario, pois é un dos pulmóns da Galiza interior.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES