Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peculiaridades

jueves, 31 de enero de 2008
Leo en La Voz que en Afganistán ven de ser condenado a morte Pavez Kambakhsh, xornalista de 23 anos, por difundir un texto que cuestiona o trato que o Islam da a muller, que o tribunal considerou blasfemo. Nesto, que me entero que unha compañeira de traballo non conseguíu que lle servisen café nun establecemento marroquí, porque as mulleres soas non poden entrar nos bares. Peculiaridades.

Os musulmáns non comen carne que non fora sacrificada co animal mirando á Meca, sangrada en vivo, co sufrimento que eso supoña para a res. Eso, de facerse aquí, contravén -ademáis do sentimento humanitario- as disposicións que obrigan a un xeito indoloro de sacrificio do gando destinado ó consumo humano.

Respectar esta norma, para os matadeiros é simplemente unha cuestión económica. E algúns hai dispostos a facelo, porque o negocio é o negocio. Para a nosa condición de pobo dialogante, acolledor de quen pasa, acomodaticio en canto a costumes peculiares, é unha renuncia social que debe facernos pensar.

Porque está ben o da Alianza de Civilizacións, os aggiornamentos, a man tendida, pero se queremos ser condescendentes pensemos ata onde. Por exemplo, se as mulleres deben ou non entrar soas nos bares. Por exemplo, se cando esto escribo debo pensalo dúas veces, por se en algún lugar deste mundo cada vez máis pequeno un tribunal -de cregos musulmáns, por suposto- atopará correctas as miñas expresións.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES