Asenta-la cabeza
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de septiembre de 2019
Afortunadamente, a inmensa maioría das persoas nacemos dotadas das facultades mentais normais.
Non importa que o cociente intelectual dunhas persoas sexa algo superior ou inferior ó doutras.
NACER FÍSICA E INTELECTUALMENTE NORMAL É O MELLOR QUE NOS PODE PASAR.
Despois está o uso que cada persoa faga cos seus talentos.
Non todas as persoas teñen as mesmas posibilidades á hora de desenvolverse na vida.
As circunstancias das persoas condicionam en boa medida a súa existencia.
Pero en calquera caso sempre temos ocasións suficientes para evolucionar favorablemente se sabemos usar esa capacidade que se nos regala a cada persoa.
Asenta-la cabeza:
-EQUIVALE A SABER DIRIXIR A PROPIA VIDA, DE TAL MANEIRA QUE CADA PERSOA SE ATOPE A GUSTO COA SÚA PROPIA EVOLUCIÓN.
-SIGNIFICA SABER XESTIONAR ADECUADAMENTE AS OPORTUNIDADES QUE SE OS PRESENTAN.
-QUERE DICIR SACAR RENDEMENTO ÓS NOSOS TALENTOS DE TAL MENEIRA QUE NOS PRODUZAN FELICIDADE.
Desde que temos uso de razón, imos construíndo o noso porvir, coa axuda da familia en primeiro lugar e a do do profesorado en segundo.
A Igrexa tamén axuda ós crentes e practicantes que alimentan a súa alma coa Palabra de Deius.
Tamén inflúe moito a sociedade na que nos toca vivir, a situación política, a relixiosa, a económica...
Son moitos e moi variados os factores que inflúenna vida dunha persoa.
CONVÉN SABER DISCRIMINAR.
Na actualidade non é nada doado porque vivimos nun mundo moi complexo.
A nosa xuventude intenta prepararse canto máis mellor: estudian no país de orixe, van cursar estudios ó extranxeiro...
Para eles o mundo é unha aldea global.
Pero nesta aldea global hai moito de todo: persoas moi bondadosas, persoas con maldade
CÓMPRE PEDIR PARA A NOSA XUVENTUDE MOITO SENTIDO.
E moito máis sentidiño precisamos os adultos, especialmente aquelas persoas que teñen grandes responsabilidades á hora de rexir os distinos do mundo.
Este mundo ten uns recursos limitados.
Os entendidos din que estamos sobrepasando o consumo:
-Queimamos montes.
-Desertizamos o país.
-Contaminamos as augas.
-Facémolo aire irrespirable.
-Matamos mulleres.
-Matamos nenos
¿QUE XEITO É ESE?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a tódalas persoas que afortunadamente teñen a cabeza ben equilibrada porque grazas a elas vivmos coa esperanza de construír un mundo mellor.
E moitas grazas a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora