Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falla a rendición de contas

miércoles, 25 de septiembre de 2019
En novembro teremos que volver votar. Non chegou elixir un Parlamento no mes de abril porque os que teoricamente ían servir ao país convertéronse en actores dunha pantomima que levou a un bloqueo que o pobo ten que solucionar. Un pobo cabreado e puteado que está pasando duras dificultades e aínda así se levanta cada mañá a traballar. Mentres eles o único que fixeron foi quentar un escano. Por este traballo pagámoslles dietas de aloxamento e abaratámoslles o prezo dos gintonics para que se relaxaran. Todo foi inútil, hai que volver votar pero ademais hai que volver votar a aqueles que os partidos seleccionan para representar os seus ideais. É dicir, os partidos poden optar pola mesma xente que nos levou a este bloqueo e nós teremos que decidir.

Se un traballador nunha empresa ou nunha institución comete un erro, ese erro vaille traer unhas consecuencias, xa sexan en forma de sanción ou en forma de despido. A sociedade comprende que unha persoa neglixente non pode estar no posto de traballo no que cometeu unha falta grave. Chegamos ao ámbito político e tamén periodístico e todo se perdoa. As oportunidades son ilimitadas, así se cometa cen veces a mesma neglixencia (porque evidentemente deixa de ser un erro).

En Twitter a opinión pública dá unha serie de ideas para afrontar esta ignominia política: retiro de soldos, devolución do cobrado estes meses, eliminación da campaña electoral para destinar os 150 millóns que custa para os afectados pola Dana ou cambio de candidatos, entre outras ideas. Quizais deberiamos obrigar aos políticos a ser autónomos, vivindo nas duras condicións deste colectivo.

Todas as ideas do pobo son boas. Non sei se no congreso haberá algo que lles elimine o sentidiño. O que si sei é que fai falta render contas e obrigar a todos os partidos e aos seus representantes a ser consecuentes cos seus actos.

Se o pobo non quere maiorías, por algo será. O político que non saiba negociar para constituír un goberno, simplemente non vale para o desempeño do cargo encomendado. Polo tanto, lexitima a súa propia destitución.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES