Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A tómbola da feira política

miércoles, 30 de enero de 2008
Remato de ler a nova do ofrecemento electoral dos grandes partidos deste país. Estou abrallado ante tanta indignidade, inmoralidade e miserias humanas. Desde os comezos dá transición ata as datas de agora, a democracia foi paseniño deteriorándose ata uns límites dá actualidade que non teño palabras para describir a estes políticos que se consideran de esquerda.

Sempre, ou case sempre se falou que os partidos de esquerda levaban consigo desde tempos antigos a bandeira dos valores éticos e morais, non así os de dereitas que prima moito máis o egoísmo, os recortes sociais e representa hoxendía ás grandes corporacións impersoais (liberalismo salvaxe do século XXI), non ou digo eu, senón que a historia así ou ven dicindo con feitos.

Os dous partidos maioritarios deste país, estanse a volver en máquinas tolas, asemellan ás tómbolas dás feiras. Uns ofrecen unha cousa e os outros ofrecen máis. Ante o proxecto de ofrecemento do PSOE de 400 euros, achegámonos á culminación do esperpento, de boas intencións está ou inferno cheo. Destes catrocentos euros de impostos directos pregunto ¿a que produtos lle aplicaran os impostos indirectos para compensar o engano?. Estas intencións de chantaxe, compra e venda non é máis que pan para hoxe e miserias para maña.

Non fai falla ser un gran economista para saber nestes intres que a economía no país vai ter unha recesión importante, xa está comezando a sentirse, senón que llo pregunten á ama de casa cando vai a mercar aos súper, cada vez entrega máis euros e no “carriño” veñen menos cousas.

Síntome avergoñado desde xa fai un tempo desta esquerda que abandonou os seus principios aliándose co neoliberalismo máis salvaxe, enganando ao pobo con melloras sociais e ao mesmo tempo consentindo a esas grandes corporacións que campen as súas anchas e que fagan o que lles pete, temos un dito moi galego que di: “mentres capo, non asubío”, pero estes están a capar e tamén queren asubiar. Quero subliñar que tampouco hai que meter a tódala esquerda no mesmo saco, xa que as declaracións de I.U. nestes días foron coherentes sobre este tema e cos principios de solidariedade e valores que debe ter unha esquerda consecuente.

A esquerda ten que volver á ética política, non soamente é facer política cada catro anos a pedirnos os votos, a esquerda ten que facer debates nos seus partidos continuamente para que todo sexa despois refletido na sociedade e na perfección dá democracia, o monolitismo e monopolismo que existe hoxe nalgúns partidos de esquerda non dá pé para desenrolar un avance neste sistema de democracia partidista.

Aquí o que a maioría do pobo quere é, que se goberne que, funcione tódolos estamentos do estado, que a sanidade este á altura dos países europeos máis avanzados e a educación sexa un ideario de valores humanos. Con isto dá tómbola política, fraco favor se lles fan a esta xeracións de mozos falando de cartos, chantaxes e de inmoralidades. Coido Sres. políticos dá “esquerda” que, antes de mercar o becerro, tendes que face-lo cortello.
Que se deixen dá caralladas, que eses catrocentos euros a maiores os envirtan non que sempre a esquerda fixo, en inversións no social, en máis médicos e hospitais, melloras do ensino tanto nos colexios como nas Universidades públicas, mellora dás pensións. Un pouquiño e outro pouquiño fan un moitiño.

Son abondo pesimista ante este problema de falta de democracia interna nos partidos que logo se reflite na sociedade, como así ven sucedendo e, de políticos que lles chega a lameira ata os mesmos fociños, non teño moitas esperanzas desta esquerda do século XXI, o digo apoiándome non que meu avó me dicía fai tempo, recollendo aquel refrán moi galego: “quen malas mañas ha, tarde ou nunca as perderá”. Aquí perdemos todos.

Coido que desta maneira de facer ao estilo de tómbola de feira, xamais acadaremos unha sociedade máis xusta e cuns valores de ética e moralidade. Camiñamos polo arame facendo equilibrios, ata que cheguemos a esnafrarnos, sendo esa caída para non erguerse máis.
Hai un tempo atrás dicía Jacques Cousteau aquilo de: “ Só cando se corte a última árbore, só cando o último río morra envelenado, só cando se pesque o último peixe, só entón verás que o diñeiro non se pode comer”.

¿Será esa a sociedade do futuro co consentimento dá esquerda?. Coido que outro mundo é posible.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES